Meijón acusa ao BNG de dobre rapadoira no debate sobre a AP-9

Afea a Pontón e a Rego logo de votar en contra dos PGE, indispensables para rebaixar as peaxes
Ana Pontón, Néstor Rego y Meijón. DP
photo_camera Ana Pontón, Néstor Rego y Meijón. DP

A balsa de aceite en que se converteu o bipartito local non parece ter traslado a nivel galego nin nacional, onde as relacións entre PSOE e BNG parecen máis tensas que nunca. E no ollo do huracán, as peaxes na AP-9.

Socialistas e nacionalistas selaron un acordo o 3 de xaneiro de 2020 polo que os primeiros se comprometían a cumprir unha serie de demandas do Bloque para Galicia, entre elas o abaratamento da Autoestrada do Atlántico. A cambio, o deputado Néstor Rego facilitaría a investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno.

Un ano despois, os nacionalistas senten enganados polo Goberno e iniciaron unha serie de actos reivindicativos para que se cumpra o acordado, comezando pola redución das peaxes.

Unha campaña que non dubidou en criticar o responsable dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, e ao que este domingo sumouse Guillermo Meijón, coordinador dos deputados e senadores do PSDEG. Acusa ao BNG de "orquestrar unha fanfarria coas reducións das peaxes" cando tanto Ana Pontón como Néstor Rego "saben ben" que no acordo de Goberno asinado co PSOE iso estaba condicionado á aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado. "Sen orzamentos sería imposible contar coas partidas necesarias para facer efectivo este punto e os outros do acordo", sostén o socialista no seu blogue persoal.

Segundo recorda, naquel pacto recollíase literalmente que "o custo desta bonificación corre a cargo dos Orzamentos do Estado e aplicarase a partir da aprobación dos PGE de 2020". Agrega que esas contas xerais non viron a luz "por razóns que todos sabemos", polo que as negociacións para uns novos Orzamentos fóronse dilatando ata conseguir os apoios necesarios para que visen a luz neste ano.

"Uns orzamentos que si contan con varias partidas por valor de 63 millóns de euros para así poder conseguir a rebaixa e bonificacións das peaxes no conxunto dos tramos da AP-9", subliña.

CRÍTICA. E neste punto é onde Meijón saca o látigo contra o Bloque, "porque rexeitou sumarse ao resto das forzas de progreso e, nin máis nin menos, presentou unha Emenda á Totalidade, do mesmo xeito que PP e Vox, co obxectivo de que tales PGE non chegasen a ver a luz": 

Aféalle que o BNG "non foi quen sequera de absterse e esperar a fase de emendas. Quedaba claro que o seu obxectivo era evitar custe o que custe a aprobación dos orzamentos": 

Por este motivo, o dirixente socialista apunta a unha dobre moral dos nacionalistas por querer dirixir agora a execución duns Orzamentos Xerais "cuxa existencia trataron de impedir. Gran paradoxa": 

"Agora, Rego e Pontón basean toda a súa artillería dialéctica en dicir que as rebaixas xa debesen estar aplicadas desde o primeiro día de xaneiro. Pero saben ben que as negociacións con Audasa para unhas bonificacións que deben alcanzar ata o ano 2048, non é posible realizalas nuns poucos días. Hai que evitar que unhas présas malentendidas xoguen a favor dunha empresa afeita a ir aos tribunais ante calquera nimiedad", alerta Guillermo Meijón.

Comentarios