Tres menores tiveron que ser atendidos por urxencias no cuarto día de Peñas

Os servizos de vixilancia realizaron 19 servizos este sábado

Tarde de peñas en Pontevedra. DP
photo_camera Tarde de penas en Pontevedra. DP

As urxencias realizaron 19 servizos durante o cuarto día de Peñas. Así o indican responsables da Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias Sanitaria (Asgate) que participaron no operativo despregado durante o pasado sábado para atender as incidencias desta celebración.

O Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP) atendeu a catro persoas por intoxicacións etílicas. Tres delas, segundo datos facilitados por Asgate, eran menores de idade. Un dos asistidos, de 13 anos, foi trasladado ao Hospital Provincial e os outros dous foron derivados a Montecelo.

"O nivel de intervencións foi moi parecido ó da fin de semana pasada", sinalaron este domingo técnicos de Emerxencias, que sosteñen que os medios cos que contou o plan deseñado polo Concello de Pontevedra con motivo de Peñas foi "insuficiente".

Le a información completa na edición impresa deste luns de Diario

Comentarios