O Concello ultima os detalles do 'gastroespazo' do Mercado de Abastos

A Concellería de Promoción da Cidade recibiu e montou o mobiliario nas instalacións

Aspecto que presentará O Mercado. CONCELLO DE PONTEVEDRA
photo_camera Aspecto que presentará O Mercado. CONCELLO DE PONTEVEDRA

Comeza a conta atrás para a apertura da primeira planta do Mercado de Abastos. Tras finalizar a reforma das instalacións, o Concello de Pontevedra instalou o mobiliario que poderán empregar os locais que abran as súas portas no Mercado, que é o nome co que se coñecerá ao futuro ‘gastroespazo' da planta de arriba do edificio municipal.

O material volveuse gardar ata que se resolva a adxudicación dos novos postos de comida e bebida. O Concello está en pleno proceso de selección das 13 propostas presentadas para ocupar os novos locais comerciais. 

A reforma da primeira planta da praza tivo un custo de 218.682 euros e foi adxudicada á empresa ACEVI. As obras permitiron converter esta planta nun espazo gastronómico "non que a xente se achegue a mercar e a degustar produtos preferentemente do andar de abaixo, pero tamén un espazo onde innovar e dar a coñecer outras cociñas, non que acoller actividades gastronómicas, educativas, culturais, artísticas e musicais", apunta o Concello

Comentarios