Mercado transparente para conmemorar o día do comercio xusto na cidade

O evento encádrase dentro dunha serie de actividades previas á apertura dunha tenda de consumo responsable na rúa de Santa Clara
Mercadiño celebrado na Praza de Ourense
photo_camera Mercadiño celebrado na Praza de Ourense

As entidades Amarante Setem e a Asociación Boa Vida Inclusión Social celebraron este sábado un mercado transparente na Praza de Ourense para conmemorar o Día Internacional do Comercio Xusto. A cita contou coa música de Carlos Yus, de Migallas, para amenizar a mañá.

Paralelamente a este acto, na tenda de Comercio Xusto das Galerías Oliva, celebráronse unhas xornadas para debater sobre sustentabilidade e responsabilidade á hora de comprar.

No caso da actividade organizada por Amarante e Boa Vida, o mercado encádrase dentro dunha serie de actividades previas á apertura dunha tenda de consumo responsable na rúa de Santa Clara o vindeiro mes de xuño. Ambas as dúas entidades proxectan crear un espazo colaborativo no que se establecerá un grupo de consumo local e ecolóxico.

As actividades arredor do fomento do comercio xusto continuarán o vindeiro venres, 19 de maio, cunha charla coloquio sobre alimentación consciente.

Comentarios