sábado. 07.12.2019 |
El tiempo
sábado. 07.12.2019
El tiempo

Miguelanxo Prado, Oliver Laxe ou Marful, algúns dos grandes atractivos do Culturgal

JAVI PAZO DA CULTURA: presentacion do Culturgal. Con Xose Area, Jacobo Sutil, Carme Fouces e Carmela Silva.
JAVI PAZO DA CULTURA: presentacion do Culturgal. Con Xose Area, Jacobo Sutil, Carme Fouces e Carmela Silva.
Este ano a feira prescindirá das tradcicionais casetas para buscar unha maior confluencia

Grandes nomes da cultura galega como o autor Miguelanxo Prado, o director de cinema Oliver Laxe, a escritora Ledicia Costas, a actriz Mabel Rivera ou o grupo Marful participarán na duodécima edición de Culturgal, a feira das industrias culturais galegas, que se celebrará en Pontevedra o próximo fin de semana.

O director de Culturgal, Xosé Aldea, explicou que este ano a organización pretende "darlle a volta" á feira e así, en lugar das tradicionais casetas, as máis de cen empresas culturais que participarán estarán separadas por lonas e estruturas metálicas para "abrir o espazo" e que "conflúan" as relacións entre os expositores e o público.

"Esta feira ten a capacidade de atraer á diversidade en idades, intereses e gustos", sinalou Aldea, que destacou que Culturgal ofrece ao público a "oportunidade única" de atoparse con autores, artistas, xornalistas, músicos ou personalidades do teatro, o cinema ou a televisión e coñecer as novidades do panorama cultural galego.

Do mesmo xeito que en edicións anteriores haberá seis espazos diferenciados para a literatura, a música, o cinema, conferencias e presentacións, a arte contemporánea e a programación infantil, que terá unha actividade "sen descanso" durante o tres días da feira.

Ademais, os videoxogos e o mundo interactivo tamén serán protagonistas nesta edición, un mundo "atractivo para a mocidade" e ao que Culturgal, segundo o seu director, quere achegarse "por tratarse dunha nova fórmula de lecer e de propostas culturais". 

Un pase da exitosa O que arde, coa presenza do director Oliver Laxe, a preestrea da película Eroski Paraíso de Jorge Coira e Xesús Ron ou o regreso aos escenarios do grupo galego Marful tras seis anos de parón serán tres das grandes apostas de Culturgal.

A feira acollerá tamén, entre outras actividades, a estrea dos novos traballos discográficos de Deus Ke Te Crew e Tanxugueiras, a presentación de numerosas publicacións editoriais ou unha exposición sobre o Camiño de Santiago creada por Joaquín González Dorado.

Miguelanxo Prado, Oliver Laxe ou Marful, algúns dos grandes...
Comentarios