domingo. 29.11.2020 |
El tiempo
domingo. 29.11.2020
El tiempo

Moitas actividades no día grande das Festas da Peregrina

Un momento dos actos en honra á Peregrina, este sábado. RAFA FARIÑA
Un momento dos actos en honra á Peregrina, este sábado. RAFA FARIÑA

O segundo domingo de agosto é o día por excelencia das festas  O día empeza ás 12.00 horas coa Misa Pontifical en honra á Peregrina

O día grande en honra á Virxe Peregrina, patroa da provincia de Pontevedra, comeza ás 12.00 horas coa tradicional misa pontificial no santuario da Virxe Peregrina.

ás 13.00 horas, o grupo Dolmen actuará polas prazas da cidade.

A Charanga OT realiza este domingo dous pasacalles, o primeiro ás 13.30 horas e o segundo ás 18.30 horas tras o descanso de rigor durante o mediodía.

Logo dunha mañá e tarde "moviditas", chega a tradicional procesión da Virxe Peregrina e a danza gremial de cintas, que provén do século XVIII. que se celebrará ao finalizar o desfile procesional que comezará ás 21 horas.

ás 22:30 horas, volve a música da man de Carlos Sadness e The Gift, que actuarán na Praza de España. Para pór o broche final ao día grande das festas, como é costume, realizarase ás 22.45 horas a habitual verbena na Gran Vía de Montero Ríos, na que actuarán a Orquestra Bahía e a Orquestra Ámbar.

As festas continuarán ata o próximo 19 de agosto, sete días por diante de concertos, verbenas e actividades para os máis pequenos (e non tan pequenos) que se desenvolverán, como cada ano, nos arredores da Alameda.

Moitas actividades no día grande das Festas da Peregrina
comentarios