Morre un home de 85 anos con coronavirus en Pontevedra

Ata o momento faleceron 174 persoas na área sanitaria por mor da pandemia
Hospital Montecelo. RAFA FARIÑA
photo_camera Hospital Montecelo. RAFA FARIÑA

Pontevedra rexistrou unha nova morte este xoves por coronaviurs. Trátase dun home de 85 anos con patoloxías previas que faleceu no Chup. 

Esta vítima eleva o número de falecidos por mor da pandemia na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés ata os 174. 

As dúas últimas vítimas con coronavirus na área, ata o deceso deste xoves, producíronse o pasado 29 de abril, cando morreron de 88 e 89 anos.

Ademais, Sanidade notificou o falecemento dunha muller de 85 anos con covid na Coruña, tamén con patoloxías previas.