Un mural para María Victoria Moreno en Eduardo Pondal

O Concello presentou unha serie de iniciativas para honrar á escritora e activista da lingua

Mural adicado a María Victoria Moreno. CONCELLO DE PONTEVEDRA
photo_camera Mural adicado a María Victoria Moreno. CONCELLO DE PONTEVEDRA

Un gran mural que será debuxado na rúa Eduardo Pondal, nas proximidades da ponte da avenida de Vigo, converterase na actuación máis relevante de todas as que o Conxello de Pontevedra ten previsto impulsar co gallo da celebración do Ano María Victoria Moreno.

O concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, presentou este mesmo luns as iniciativas, que se desenvolverán antes de rematar o vixente ano.

O mural, deseñado pola artista Tania Solla e cuxa execución correrá a cargo de Polo Correo do Vento, comezará a pintarse o vindeiro 14 de outubro. Nos días previos procederase á limpeza da parede e á colocación da andamiaxe necesaria para realizar a intervención artística.

Alberto Oubiña, durante a presentación dos actos en homenaxe a María Victoria Moreno. CHRISTIAN FERNÁNDEZ
Alberto Oubiña, durante a presentación dos actos en homenaxe a María Victoria Moreno. CHRISTIAN FERNÁNDEZ
 

MÁIS ACTUACIÓNS. Ademáis, e segundo informou Oubiña, a docente, escritora e activista da lingua –"e pontevedresa por elección"– recibirá homenaxes a través doutras iniciativas.

Uncha delas terá lugar o 22 de novembro, cando se editará unha tirada de selos de correo para coleccionistas con motivo do 13º aniversario do falecemento de María Victoria Moreno.

O Concello agasallará cun selo ás distintas administracións implicadas no Ano María Victoria Moreno, a institucións como a RAG, á familia da docente e escritora e aos centros sociais da cidade. Ademais as persoas interesadas en facerse cun selo conmemorativo poderá solicitalo no terceiro andar do Concello –un por persoa– previa presentación do DNI.

Tamén levaranse a cabo dous obradoiros infantís de contacontos ilustrados sobre a figura da escritora, que terán como escenarios o Local Social Centro Leste e a Casa da Cultura de Monte Porreiro

Por último, o Concello comprará e distribuirá 500 exemplares dunha biografía de María Victoria de Joanne Lorenzo, con ilustracións de Tania Solla. O Concello distribuirá os exemplares nos centros de ensino e centros sociais e culturais da Boa Vila