O Museo de Pontevedra rehabilitará os seus edificios históricos, pero apraza a conexión subterránea

 A Deputación lamenta que a falta de implicación "" económica por parte da Xunta e do Estado 
 
DEPUTACION_ Cesar Mosquera e Xose Manuel Rey comparecen para falar do futuro do Museo ___A ver se e posible pararse un pouco para pillar algun xesto
photo_camera César Mosquera. GONZALO GARCÍA

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, anunciou este mércores que o Museo Provincial rehabilitará os históricos edificios de García Flórez e Castro Monteagudo, pero apraza a conexión subterránea destes inmobles da Praza da Leña co edificio Fernández López. 

Esta decisión de adoptou o martes nunha reunión "monográfica, longa e intensa" do Consello Asesor do Museo de Pontevedra, que tamén acordou suspender a construción dun edificio para Arqueoloxía no barrio de Valdecorvos. 

Segundo explicou César Mosquera, esta "reformulación" dos proxectos en marcha débese a dúas cuestións, en primeiro lugar á compra do convento de Santa Clara por parte do Concello de Pontevedra coa intención de cedelo para que forme parte dos edificios do Museo. E o segundo motivo é a falta de "implicación" económica por parte da Xunta e do Estado que limita as posibilidades de investimento. "Non temos ningunha garantía de que haxa colaboración doutras administracións", engadiu. 

O vicepresidente provincial ha indicado que o Consello Asesor considera "estratéxico" que Santa Clara pase a formar parte da institución cultural, o que suporá sumar 5.427 metros cadrados de superficie, segundo as estimacións iniciais coas que traballa a Deputación. "Abre unhas posibilidades enormes", dixo Mosquera. A reforma proxectada nos edificios históricos tan só sumaría cerca 2.000 metros nos tres inmobles. 

Agora a Deputación traballa nun proxecto de rehabilitación por fases dos antigos edificios do Museo. Empeza coa recuperación "urxente" do García Flórez e do Castro Monteagudo, á vez que deixa proxectada a construción dos polémicos sotos. 

Sobre o destino destes dous inmobles orixinais do Museo, César Mosquera adiantou que o Castro Monteagudo acondicionarase como espazo didáctico, mentres o García Flórez, "en principio, manterase en reserva para algunha exposición puntual". 

"Seguro que é caro porque é unha rehabilitación complejísima", recoñeceu o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, que espera poder empezar cos traballos "se pode ser, este ano". 

Nun par de semanas aprobarase a modificación do Peprica (Plan Especial de Protección e Reforma Interior e Conservación Artística de Pontevedra) que permitirá avanzar con estes traballos e presentar xa o proxecto.

comentarios