domingo. 18.04.2021 |
El tiempo
domingo. 18.04.2021
El tiempo

Música, maxia, teatro e moito máis

javi ambiente por pontevedra de navidad, gente, herreria, charanga, sucede
Unha das animacións de rúa realizadas estes últimos días na Praza da Peregrina. J. CERVERA
Pontevedra oferta unha programación de Nadal "segura, intensa e para facer á xente un pouco máis feliz"

O Concello de Pontevedra conta cun amplo e variado programa de actividades para estas festas de Nadal, no que a iluminación (que chega a máis rúas e prazas e con máis elementos decorativos), o chamado Poboado do Nadal (cos stands de produtos típicos destas datas na Ferraría), a visita dos Reis Magos de Oriente, a maxia, a música, o teatro e a tirolina da rúa Raíña Vitoria, terán un especial protagonismo.

Todas as actividades de rúa serán itinerantes para evitar aglomeracións de persoas e o Concello escolleu o Teatro Principal como escenario da programación infantil, no que se gardarán todas as medidas sanitarias e de prevención frente a covid-19. Ademais, achegaranse actividades aos diferentes barrios e parroquias. 

"Dende a área de Festas considerabamos que tiñamos que esforzanos en facer unha programación en Nadal deste ano que contribuíse a levantar o ánimo ás persoas, sendo conscientes das dificultades e das medidas de seguridad, para que fósemos un pouco máis felices", tal como destacou a concelleira Carme da Silva. 

Tamén resaltou que a programación deseñada obedece a que "é necesario inxectar recursos económicos no sector cultural, un dos máis afectados por esta situación, ao igual que ao comercio local". 

SEGURA E INTENSA. "Optamos por facer unha programación segura e intensa", explicou a concelleira, que terá música, animación, circo, maxia… "e para que sexan seguros optamos para que sexan espectáculos itinerantes polos barrios e rúas da cidade, para evitar aglomeracións e problemas de aforos". Dende o pasado 4 de decembro, nove grupos van facer máis de 30 espectáculos itinerantes: Charanga OT, Charanga Mil9, Pablo Méndez, Barafunda, Rivel, Armonium, entre outros. No outro escenario, o Teatro Principal, está a programación infantil con dous pases e nove espectáculos diferentes de catro compañías, entre elas Baobab Teatro, Migallas… 

Pontevedra dará a benvida ao 2021 co seu tradicional Concerto de Aninovo

Carme da Silva asegurou que "é unha honra poder organizar esta programación de actividades itinerantes con grupos que son de Pontevedra e a súa contorna e poder contribuír con esta programación a manter un sector tan afectado como o cultural e o dos espectáculos en vivo". 

Na programación está previsto que ata o día 31 se sucedan espectáculos de animación de rúas, ademais de actuacións infantiles no Teatro Principal, que se repetirán despois os días 2, 3, 5, 9 e 10 de xaneiro para completar una ampla en variada oferta. 

CONCERTO DE ANINOVO. O día 1 de xaneiro a cidade dará a benvida ao 2021 co seu tradicional Concerto de Aninovo a cargo da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra. Será no Pazo de Cultura e con dous pases para facilitar unha maior afluencia de público cumplindo todas as medidas preventivas relativas á covid-19, o primero ás 18.00 horas e o segundo ás 20.00. 

Outra das datas fundamentais deste Nadal en Pontevedra é o 5 de xaneiro, cando as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente estarán visitando os distintos lugares da cidade. Desde as 10.30 horas farán un percorrido por Alba, Verducido, Santo André de Xeve, Santa María de Xeve, Monte Porreiro, Bora, Campañó, Cerponzóns e Lérez. Pola tarde, desde as 16.00 horas, continuarán por A Canicouva, Lourizán, Marcón, Mourente, Ponte Sampaio, Salcedo e Tomeza. 

Deste xeito, destaca do Concello, os nenos de toda Pontevedra poderán estar preto dos Reis Magos, pero sempre cumprindo os protocolos de seguridade pola covid-19. 

Ao longo deste día tan especial haberá música e animación de rúa cada hora desde as 11.00 ata as 13.00 e de 16.00 a 19.00, con oito grupos distintos e cinco actuacións consecutivas no mesmo ámbito.

Unha tirolina á que se accede con tiques de compra no comercio local
Unha das atraccións coas que conta Pontevedra neste Nadal é a tirolina de 150 metros, que está instalada no tramo peonil da rúa Raíña Vitoria. O mal tempo destes últimos días limitou ou fixo máis incómodo o seu disfrute, pero agárdase que nas vindeiras datas sexan moitas as persoas que se acheguen para utilizala. 

Instalada pola Concellaría de Festas, que dirixe Carme da Silva, estará aberta en horarios de 12.00 a 14.00 polas mañás e de 16.30 a 19.30 polas tardes. O acceso a esta atracción é totalmente gratuito, aínda que antes haberá que mercar no comercio local. Os interesados en subirse terán que presentar tiques de compra sen un mínimo de importe. 

Esta fórmula entra dentro dunha das liñas de actuación de todos os departamentos do Concello que organizan actividades neste Nadal, que é favorecer a compra no comercio local. 

Os protocolos covid están garantidos, "como en todas as actividades que organiza a Concellaría de Festas, tal e como se ten demostrado no pasado verán, por exemplo", segundo explican fontes do Concello. 

Deste xeito, para evitar aglomeracións de xente, as persoas non terán necesidade de facer colas, xa que se lles entregará un número e cando saia na pantalla informativa poderán acceder para subirse á tirolina. 

O Concello convida a mercar no comercio local como un xeito de contribuir a darlle un pulo neste ano tan complicado.

Música, maxia, teatro e moito máis
comentarios
ç