"Os nenos xa poden xogar nos parques, pero sempre con sentidiño"

O Concello reabre as zonas de recreo infantís despois de catro meses
Nenos xogando este luns na Alameda. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Nenos xogando este luns na Alameda. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O baldordo de risas e voces infantís volveu encher este luns os parques da Boa Vila. A concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, dirixida por Iván Puentes, anunciou a reapertura de todas as áreas de xogo de Pontevedra garantindo a seguridade das súas instalacións con "estrictos" protocolos anti-covid. As 58 zonas infantís, que levaban pechadas dende o estalido da pandemia do coronavirus o pasado mes de marzo, voltaron a súa antiga actividade con restriccións de aforo, dispensadores de xel hidroalcohólico, nova cartelería informativa e diarias tarefas de desinfección.

2020071408350433500

A espectación e a emoción no rostros dos nenos e das nenas foi máxima. Voltar aos ansiados columpios intensificou este luns o brilo dos ollos dos máis pequenos, mentres que as medidas de seguridade e protección voltaron a tranquilidade e o sosego aos semblantes dos seus pais. E é que os parques de Pontetevedra xa contan con todas as esixencias de seguridade que marca a nova normalidade para a contención dos contaxios por coronavirus. A normativa sanitaria, dirixida aos rapaces e as súas familias, foi plasmada ao longo da pasada semana en forma de carteis informativos da rede Verde Urbano co celebre Loro Ravachol incorporado. Sempre coa súa máscara posta, o loro máis querido da Boa Vila será maestro e guía para o bo uso dos columpios e lembrará a importancia de cumprir coas normas abogando polo tan necesario "Sentidiño!".

Entre as reglas que se inclúen nos pósteres informativos atópase a obriga de non sobrepasar en ningún momento o aforo máximo de persoas (nenos/as e adultos) que poden permanecer ao mesmo tempo no recinto do parque infantil, a necesidade de desinfectar convenientemente as mans coa solución hidroalcohólica á entrada (os dispensadores instaláronse cun pedal para evitar o contacto directo) ou, no caso de menores de 2 anos, cunha solución xabonosa, e o cumprimento de medidas básicas de autoprotección, como a hixiene frecuente de mans, non tusir directamente ao aire ou nas mans, non tocar a cara, o nariz e os ollos e abandonar o recinto ante calquera síntoma compatible coa Covid-19.

Un "estricto" protocolo anti-covid, con tarefas de desinfección diarias, garantirá a seguridade dos cativos

O concelleiro indicou que os protocolos de limpeza e desinfección dos recintos faranse sempre "diariamente e durante as noites", e resaltou como medida máis importante, posto que as áreas de xogo son unha zona especialmente "sensible" e "perigosa" para a transmisión do virus, "o uso continuado do hidroxel por parte das familias, para frotar as superficies dos xogos que vaía tocar a cativada", explicou. Dentro do recinto tamén será necesario "o mantemento da distancia interpersoal de 1,5 metros e será moi recomendado, aínda que non obrigatorio, o uso da máscara", ao ser especialmente difícil evitar o achegamento entre nenos.

David 12.30 horas. Parque infantil Barcelos. Iván  Puentes asiste a reapertura dos parques, lunes, 13 jul · 12:30–12:30

Outro dos campos nos que, dende a concellería, se fixo especial fincapé foi a necesidade de "non sobrepasar os límites de aforo asigandos a cada área de xogo", detallou Puentes. Os límites no número de persoas que poderán acceder as instalacións de recreo ao mesmo tempo oscilan entre as catro e as 90 nos espazos de maior tamañano, como pode ser o parque de Barcelos. Estas cifras, segundo explicou o concelleiro, son o resultado dun "riguroso e estricto proceso de aforamento, aplicando a normativa da Xunta que limita os espazos, descontando os xogos e os perímetros de seguridade de cada un deles, a unha persoa por cada tres metros cadrados".

Por último, Iván Puentes, aclarou que, antes da reapertura, "todas as áreas de xogo infantís foron sometidas a unha profunda limpeza e a retirada de follaxe", para garantir a estrea en perfectas condicións.

O investimento necesario para a adaptación de todo os parques do Concello ás novas medidas sanitarias, imprescindíbles na era post-covid, ascende á cifra de 50.000 euros. "15.000 destes cartos foron empregados para as labores previas de mantemento e compra de hidroxel, mentres que outros 15.000 empregaranse para a desinfección diaria dos parques", sinolou Puentes.

Médico Ballina estreará área de xogos a vindeira semana 
Despois de varios retrasos na execución das obras, Médico Ballina estreará o seu novo parque infantil a próxima semana, así o confirmou o concelleiro de Desenvolvemenro Sostible, Iván Puentes, a Diario de Pontevedra. 

A obra deste demandado espazo de recreo será recepcionada polo Concello de Pontevedra o vindeiro venres, e contará con 1.198 metros cadrados de xogos e áreas de descanso. O coste da infraestructura, efectuada pola empresa Bricantel España S.L., ascendeu aos 157.520,79 euros.

Comentarios