lunes. 03.08.2020 |
El tiempo
lunes. 03.08.2020
El tiempo

Ferido un neno ao ser atropelado nun paso para peóns de Pontevedra

Instante no que os sanitarios atenden ao neno, este xoves, en Pai Gaite. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Instante no que os sanitarios atenden ao neno, este xoves, en Pai Gaite. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
É o segundo suceso deste tipo rexistrado na Boa Vila en apenas tres días

A Boa Vila foi escenario este xoves dun novo atropelo, por sorte con consecuencias, en principio, leves, que tivo como vítima a un neno nunha zona con preferencia peonil. O afectado foi un menor duns dez anos de idade que acabou polos chans nas inmediacións da rúa Pai Gaite mentres cruzaba o citado viario á altura do pavillón universitario e unha das entradas laterais do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD).

Axentes da Policía Local de Pontevedra, cuxas dependencias se achan a poucos metros de lugar do accidente, e efectivos sanitarios do 061, desprazáronse ao lugar en poucos minutos. Os axentes municipais informaron que as lesións parecían non revestir gravidade, a falta dunha posterior exploración.

O do xoves foi segundo atropelo que ten como vítima a un neno na cidade do Lérez en apenas tres, pois o martes rexistrouse un accidente similar que se saldou coa un pequeno de só tres anos ferido leve na Praza de España

Ferido un neno ao ser atropelado nun paso para peóns de Pontevedra