sábado. 08.05.2021 |
El tiempo
sábado. 08.05.2021
El tiempo

Os nenos do Sagrado Corazón premian á Policía Nacional de Pontevedra

Entrega del tomo de dibujos. DP
Entrega do tomo de debuxos. DP
Os alumnos de 6º de infantil quixeron recoñecer o labor dos axentes

A Policía Nacional da Comisaría de Pontevedra recibiu este xoves de mans da Directora do centro Sagrado Corazón Dna. Marta Sineiro de Saa o recoñecemento dos alumnos de 6º de Infantil que decidiron que o seu premio deste ano Ser para os demais sexa para todo o persoal da Comisaría da Policía Nacional de Pontevedra. 

A directora do centro entregoulle á Comisaria Provincial Dna. Estíbaliz Palma Varona en nome de todos os nenos, un tomo encadernado cos debuxos realizados polos nenos de 6º de infantil (5 anos) agradecendo o traballo da Policía Nacional da comisaría de Pontevedra.

O venres 23 de abril a Comisaria Provincial contactará mediante videoconferencia cos alumnos de 6º de infantil para agradecerlles o premio outorgado.

Os nenos do Sagrado Corazón premian á Policía Nacional de Pontevedra
comentarios
ç