jueves. 22.04.2021 |
El tiempo
jueves. 22.04.2021
El tiempo

Noites Abertas celebrarase online se se mantén a crise sanitaria

El edil de Xuventude, Alberto Oubiña, señalando la página web de Noites Abertas. CONCELLO
O edil de Xuventude, Alberto Oubiña, sinalando a páxina web de Noites Abertas. CONCELLO
Os talleres de lecer xuvenil promovidos polo Concello serán na rúa se a covid o permite a partir de abril

A vixésimo segunda edición de Noites Abertas estará condicionada pola crise sanitaria do coronavirus. Así o confirmou este venres o concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña, durante a presentación da programación prevista para este ano, que en principio será online. "Á mínima que poidamos sacar as actividades á rúa farémolo", dixo o edil do BNG, que recordou que se as restricións pola covid-19 o permite retomaranse os obradoiros presenciais.

A programación deste ano se ampliará ata maio (incluído) e irase adaptado á situación epidemeolóxica. O proxecto do Concello recibiu un gran número de iniciativas, das cales se seleccionaron 95. Haberá talleres de ioga, regueifas feministas ou lettering, entre outros.

"A MOCIDADE É SERIA". Oubiña recordou que Noites Abertas é un espazo que tratará de reivindicar tamén "que a mocidade é seria e responsable" e que pode adaptarse aos tempos a través de talleres de lecer a través de plataformas dixitais.

Unha das novidades deste ano do programa municipal é que os interesados deberán preinscribirse para poder participar en todas as actividades. Ata hora este requisito só era obrigatorio no 6% dos talleres. Os mozos que queiran participar facelo a través da súa páxina web (noitesabertas.gal).

Noites Abertas celebrarase online se se mantén a crise sanitaria
comentarios
ç