Viernes. 16.11.2018 |
El tiempo
Viernes. 16.11.2018
El tiempo

A nova renda social municipal será dun máximo de 537 euros durante un ano

Unha persoa pedindo esmola nunha céntrica rúa da cidade. GONZALO GARCÍA (ADP)
Unha persoa pedindo esmola nunha céntrica rúa da cidade. GONZALO GARCÍA (ADP)

O borrador da ordenanza debaterase o xoves no Concello, tras longos meses de trámites

Fíxose esperar pero ao final asoma a luz ao final do longo túnel. A nova renda social municipal, comprometida en Pleno polo BNG en novembro de 2016, encara a recta final da súa árdua tramitación e o vindeiro xoves debaterase, na comisión de Benestar, o borrador que elaborou o equipo de Goberno.

O obxectivo é que todos os grupos municipais poidan coñecer ao detalle o expediente e os informes que avalan a ordenanza, e realizar as achegas e suxestións que estimen oportunas.

O bosquexo establece que a axuda será dun máximo de 537 euros, en base ao Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM), que se actualiza cada ano. A duración máxima é de seis meses, pero se pode prorrogar outros seis se se manteñen as condicións polas que foi concedida.

O motivo de incorporar esta axuda aos servizos sociais do Concello é resolver a problemática creada pola carencia de medios económicos e materiais dun sector da poboación "nun contexto de postcrise e precariedade", e reducir os seus efectos para aquelas persoas en situación ou risco de exclusión social. Con todo, non todo o mundo poderá optar a ela, posto que é incompatible coa axuda que xa outorga a Xunta de Galicia (Risga).

REQUISITOS. A ordenanza da a Renda Social Municipal establece varios requisitos para poder percibila. O beneficiario debe ser maior de idade (salvo que sexa orfo de pai e nai ou teña outros menores ao seu cargo), estar empadroado no Concello e a unidade familiar non pode ingresar máis de 402 euros ao mes se se trata dunha persoa ou 537 euros se hai máis dun membro con ingresos.

A concesión da axuda será determinada por un equipo integrado por traballadores sociais e a responsable de Benestar Social nun prazo máximo de dous meses desde que se presente a solicitude no Rexistro municipal.

A contía será o resultado de restar os ingresos do beneficiario. é dicir, se non gozase de ningunha achega económica, recibiría o máximo dos 537 euros. Pero se cobrase algún tipo de prestación ou pensión, deduciríase da contía basee e ese sería o importe final da renda.

A cambio de conseguir estas subvencións, os agraciados deben participar en todas as accións que promoven os servizos sociais do Concello para mellorar a súa situación, ademais de administrar os recursos de forma responsable, escolarizar aos menores de idade, non practicar a mendicidade nin permitirlla a outros membros da unidade familiar e comunicar calquera cambio na súa situación persoal, como novo domicilio, acceso a un emprego ou cambio nos ingresos económicos.

Para tramitar a solicitude débese achegar a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos da ordenanza e calquera outra que se considere necesaria, caso de vítimas de violencia de xénero ou refuxiados.

A nova renda social municipal será dun máximo de 537 euros durante...
Comentarios