O novo catálogo de edificios a conservar incluirá inmobles de carácter industrial

O Concello ampliará o número de inmobles protexidos como "un recurso máis" na promoción da cidade

Anabel Gulías. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Anabel Gulías. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O Concello está dando os primeiros pasos para ampliar o número de edificios protexidos (tanto urbanos como de rural) polo valor artístico ou histórico, ao considerar que poden supor "un recurso máis" para promocionar a cidade, segundo indicou este martes a concelleira de Urbanismo, Anabel Gulías.

A edil nacionalista anunciou que, con vistas a esta iniciativa, a Administración local ha iniciado os trámites para actualizar o catálogo de edificios a conservar. Unha primeira fase será solicitar Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta que remita a listaxe con todos os edificios de Pontevedra susceptibles de ser incluídos neste catálogo que, posteriormente, será completado coa información municipal.

Gulías recordou que o actual catálogo non se revisou desde 1997 da elaboracion do Plan Xeral de Ordenación Municipal, aínda en vigor), por iso é polo que o Goberno municipal marcouse como obxectivo reforzar a súa protección para evitar que se perdan inmobles de alto valor patrimonial.

Anabel Gulías sinalou que esta medida, xunto coa posta en valor deste patrimonio, pretende ofrecer unha maior seguridade xurídica

"Entendiamos que era previso revisar e actualizar todas as fichas do patrimonio que xa temos inventariado non Concello, polo decidimos impulsar este catálogo", subliñou Anabel Gulías. Ademais, recordou que ata agora os edificios analizábanse sempre desde unha perspectiva "historicista", cando existe patrimonio "modernista e industrial, que é ou gran esquecido", que merece ter "algún nivel de protección". Puxo como exemplo a vella fábrica de xabóns de Mollavao, situada na antiga parcela de Malvar, que figurará no novo catálogo.

Ademais, a portavoz nacionalista anunciou que con este traballo analizaranse as zonas de protección que rodean cada un destes inmobles para poder "racionalizar e aclarar" estas áreas, de forma que se poidan axilizar as licenzas que soliciten tanto particulares como colectivos ou institucións dentro deste ámbito.

Anabel Gulías sinalou que esta medida, xunto coa posta en valor deste patrimonio, pretende ofrecer unha maior seguridade xurídica aos propietarios e permitirá dar "certa rapidez" aos trámites urbanísticos que se soliciten, xa que ao estar inventariado sería "innecesaria" en moitos casos a correspondente consulta ao departamento de Patrimonio da Xunta de Galicia.

Ademais, a renovación do catálogo levará aparellada a revisión dos muros tradicionais a conservar no municipio, unha inicitiva que permitirá ao Concello adaptarse "sempre cambiante Lei do Solo", apuntou Gulías.

Comentarios