O novo céspede artificial do campo Manolo Barreiro estará listo este mesmo mes

Tras a instalación do terreo de xogo, os traballadores centraranse nos vindeiros días nas tarefas de aporte de area e caucho e o seu posterior rastrekadi
Operarios traballando sobre o céspede do campo municipal Manolo Barreiro. GONZALO GARCÍA
photo_camera Operarios traballando sobre o céspede do campo municipal número 2 do Manolo Barreiro. GONZALO GARCÍA

O campo de fútbol 11 número 2 do Complexo Municipal Manolo Barreiro, en A Xunqueira, estará listo este mesmo mes. Así o avanzou este mércores o tenente de alcalde, Tino Fernández, no transcurso dunha visita xunto ao xefe do Servizo Municipal de Deportes, Jaime Agulló, o técnico municipal Miguel Aparicio e o responsable de Limonta Sport Ibérica SLU –empresa adxudicataria do proxecto–, Pablo Torrado.

Visita de Tino Fernández ao campo municipal Manolo Barreiro. GONZALO GARCÍA

O terreo de xogo xa loce o novo céspede de última xeración, pero quedan tarefas por levar a cabo nos vindeiros días, principalmente o aporte de area e caucho e o seu posterior rastrelado. Porén, Tino Fernández espera que os equipos poidan estrear o reformado campo antes de final de mes.

O edil socialista precisou que tamén queda pendente a mellora da iluminación –os proxectores de haloxenuros das catro torres serán substituídos por doce proxectores led en cada unha delas– e a instalación dun novo marcador e de novas porterías, banderíns de córner e banquiños, así como a homologación Fifa Quality do terreo, pero os clubes poderán facer uso do campo "antes de que se efectúen estes tests de homologación". "De feito", engadiu Tino Fernández, "o recomendable é que se fagan este tipo de probas despois de empregar o céspede".

Comentarios