O número de casos activos de covid segue aumentando na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés

Estes son os datos da pandemia este mércores
Una sanitaria toma una muestra para el test de antígenos en el cribado organizado en la Praza de España. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Una sanitaria toma una muestra para el test de antígenos en el cribado organizado en la Praza de España. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Novo repunte dos casos activos de coronavirus na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Desde o 15 de outubro a tendencia vai á alza, con excepción do día 18, no que houbo estabilidade. Deste xeito, se na xornada anterior contabilizábanse 36 casos, este mércores son 42 —6 máis—.

Así o reflicten os datos facilitados polas autoridades sanitariasque tamén sinalan que o número de contagios detectados nas últimas 24 horas non varía respecto ao martes: son 7. 

ponche

Respecto dos hospitalizados na área sanitaria, son un total de 2 —1 máis—. Deles, un continúa na Uci do Chup, mentres que o outro se corresponde cun novo ingreso en planta do Hospital do Salnés.

Desde o inicio da pandemia hanse curado un total de 21.229 persoas en Pontevedra e O Salnés. En canto ás vítimas, o Sergas notifica un total de 205.

Comentarios