sábado. 18.09.2021 |
El tiempo
sábado. 18.09.2021
El tiempo

O CITA, ese gran descoñecido

Fotografía de parte del recorrido del Centro de Interpretación das Torres Arcebispais
Fotografía de parte del recorrido del Centro de Interpretación das Torres Arcebispais
O Centro de Interpretación das Torres Arcebispais, que se sitúa no número un da rúa Mestre Mateo, cumpre cinco anos en setembro e, con todo, moitos pontevedreses aínda non saben que no seu interior pódese coñecer a historia da cidade: o noso pasado, o importante que fomos e como chegou Pontevedra a ser o que é

O centro de Interpretación das Torres Arcebispais, ou comunmente coñecido como CITA, vai cumprir cinco anos e, con todo, é un dos edificios máis descoñecidos na cidade de Pontevedra, incluso entre os seus habitantes. A gran maioría confúndeo coa oficina de turismo e outros cun parking. Pero quen o visita, sae fascinado: «Non me podo crer que exista esta xoia na cidade e que a xente aínda non a coñeza». Olga Conde Abalde, unha das guías e a coordinadora de referencia da CITA, indica que «é un espazo negro, contemporáneo, sobrio, con liñas moi rectas, que consegue que destaque a obra», e non dubida en engadir que «o máis importante para facer unha visita interpretativa é contextualizar, xa que estamos ante os restos dun antigo castelo. O que se ve ao entrar non museo é o foso do castelo, que, ao estar cuberto, se conservou en moi bo estado». A pesar de que o museo xa leva máis de catro anos aberto, é agora cando comezan a ter «moitas visitas turísticas a nivel nacional e, sobre todo, da cidade de Pontevedra. Pero case todas chegan polo boca a boca, non porque ou coñezan. Este é o eterno edificio polo que todo o mundo pasa e ninguén o coñece».

Son tres historiadoras de arte as encargadas da CITA, Olga Conde, Vanesa Angustia e Carmela Sánchez, guias para todo aquel interesado en penetrarse neste museo único. Pero os que máis o gozan son os nenos, xa que sempre queren volver. «De feito, fan a visita co centro educativo, campamento ou ludoteca, e logo traen aos pais», conclue Olga Conde.

A ruta guiada ao centro museográfico realízase en tres partes, correspondente cada unha coa división interior do espazo. A primeira é a entrada, onde se ofrece unha presentación sobre a Pontevedra medieval e moderna e sobre o que foi o pazo-fortaleza. A recepción está apoiada en pantallas táctiles, cun enfoque orientado ao turista e a un público novo, buscando a interactividade. Nesta zona sitúase tamén unha maqueta coa reconstrución do edificio.

A segunda parte localízase no centro da CITA e está consagrada á observación da escarpa e a contraescarpa e ás características defensivas do inmoble. Neste espazo móstrase a ponte levadizo e unhas balas pétreas de catapulpa, así como as marcas de ‘canteiro’ e varias pezas cerámicas que se atoparon nas escavacións. Para rematar, ao fondo exhíbese unha proxección dispoñible en galego, español e inglés e que conta tamén cunha versión subtitulada especial para as persoas con discapacidade auditiva. Ademais, no referente a accesibilidade, a maqueta táctil que reconstuye fisicamente o pazo-fortaleza posúe rotulación en braille.

Para ver a CITA é preciso realizar reserva previa xa que o aforamento está limitado a 25 persoas, fóra de grupos escolares, excursións, ou campamentos. O horario de visitas é mércores e xoves de 11.00 a 14.00 horas, venres e sábado de 18.00 a 21.00 horas e domingos e festivos de 11.00 a 14.00 horas. Luns e martes permanece pechado. As visitas, segundo Olga Conde, «soen durar preto de 45 minutos porque como as visitas comenzan a en punto, gustame aproveitar ou tempo ao máximo».

O prezo da visita é de dous euros, aínda que se reduce a un euro se es maior de 65 anos, estudante, menor de entre oito e 16 anos, grupo familiar a partir de catro membros ou persoa desempregada. Para os menores de oito anos, os membros do Consello Internacional de Museos (ICOM) e durante o 18 de maio, Día dous Museos, a entrada é gratuíta.

Durante as obras de remodelación da avenida de Santa María, en 2008 levou a cabo unha actuación arqueolóxica que permitiu localizar os restos do foso que protexía o pazo arcebispal, en Pontevedra. Dado o bo estado de conservación en que se atopaban os restos e as súas dimensións, decidiuse levar a cabo un proxecto de musealización para facilitar a súa visita pública. Esta iniciativa enmarcouse na proposta que a Concellería de Patromonio Histórico do Concello de Pontevedra está a desenvolver para recuperar o seu pasado a través dunha rede municipal de centros arqueolóxicos.

O Centro de Interpretación dás Torres Arcebispais trata de achegar ao público o coñecemento sobre o que foi un dos monumentos máis emblemáticos da historia de Pontevedra, xunto coa ponte medieval e a igrexa de Santa María a Maior.

O primitivo castelo levantouse a comezos do século XII e pouco despois Fernando II doa o pobo co seu castelo ao arcebispado de Santiago. A fortaleza apenas se verá afectada as guerras irmandiñas pero, en cambio, sufriu graves danos durante o enfrontamento entre Alonso II de Fonseca, arcebispo de Santiago, e Pedro Madruga, durante a guerra civil que entre os anos 1474 e 1477enfrontou aos partidiarios de Sabela a Católica e aos de Juana a Beltraneja, irmá e filla de Henrique IV de Castela. A comezos do século XVIII os ingleses incendian o pazo que queda practicamente destruído, excepto a súa impoñente torre da homenaxe, que aínda se usará como prisión. A finais do diglo XIX decídese a súa total demolición.

No ano 2007, nas obras de reforma urbana na avenida de Santa María, aparecen os restos da fortaleza que hoxe en día se poden visitar na CITA. Tras dous anos, o centro inaugúrase en agosto de 2010 e ábrese no mes de setembro segundo o proxecto arquitectónico de Jesús Aser Fole e museístico do arqueólgo Xoán Carlos Castro.

Itinerario A ruta guiada ao centro museográfico realízase en tres partes, correspondente cada unha coa división interior do espazo. Cultura A CITA trata de achegar ao público o coñecemento sobre o que foi un dos seus monumentos máis emblemáticos da histria de Pontevedra.

O CITA, ese gran descoñecido
comentarios
ç