O covid dispárase na área: 289 novos positivos nun día e case 2.500 casos

Pontevedra-O Salnés suma 25 hospitalizacións
Hospital Montecelo. RAFA FARIÑA
photo_camera Hospital Montecelo. RAFA FARIÑA

O ritmo de contagios na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés avanza sen control. Segundo os datos ofrecidos este xoves polo Sergas, autoridades sanitarias han detectado nun só día 289 novos casos, elevando a cifra total de casos activos ata os 2.485. 

O crecemento de casos materializouse nun crecemento tamén na presión hospitalaria. Aínda que é certo que ambos non crecen ao mesmo ritmo, os hospitais da área contan xa con strong <>25 pacientes ingresados, un máis que o mércores e catro máis que o pasado martes. 

Destes 25 pacientes ingresados, cinco están na Uci de Montecelo (os mesmos que na xornada anterior) e os outros 20, en planta convencional –18 no Chup, un no Hospital do Salnés e outro en Quirónsalud–.

Desde o inicio da pandemia curáronse na área sanitaria 14.829 pacientes –46 nas últimas 24 horas– e faleceron 181 persoas.

Infeccion Pontevedra

GALICIA. Galicia rexistrou na última xornada un total de strong <>1.483 contagios por coronavirus, o que eleva a cifra de casos activos na comunidade a strong <>13.296, mentres a presión hospitalaria segue case estable, con só un ingresado máis en Uci.

O Sergas informou de que hai 175 persoas ingresadas nos hospitais por esta enfermidade, das que 153 están en planta, os mesmo que o día anterior, e hai unha máis nas unidades de críticos, 22.

Comentarios