O tráfico reduciuse un 60% tras a a peonalización parcial de Barcelos

Este venres ás 18.00 horas está prevista unha exhibición de ximnasia rítmica a cargo do club pontevedrés Treboada
Plaza de Barcelos
photo_camera Plaza de Barcelos

O tráfico reduciuse un 60% tras a peonalización parcial de Barcelos, principalmente pola implantación de zonas de servizo. Así o estima a Policía Local, que irá concretando esta cifra nas próximas semanas.

O concelleiro Luís Bará fixo balance este mércores da nova mobilidade da praza de Barcelos. Precisamente o Goberno Local está a estudar que usos se lle van dar a ese espazo, para o que pediu consello á comunidade escolar, que realizou as súas propostas.

O que será inminente será a ampliación do parque infantil e de equipamento deportivo. De feito, este venres ás 18.00 horas está prevista unha exhibición de ximnasia rítmica a cargo do club pontevedrés Treboada. "Queremos que este tamén sexa un espazo de dinamización", di Bará

Comentarios