viernes. 28.01.2022 |
El tiempo
viernes. 28.01.2022
El tiempo

OBITUARIO. Consternación pola morte do profesor pontevedrés García Tobío

García Tobío. EP
García Tobío. EP
Nacido en 1968, exercía este curso no IES A Pinguela de Monforte

O IES A Pinguela de Monforte transmitiu a súa "consternación" polo falecemento do profesor José Alberto García Tobío. Nado en 1968 en Pontevedra, chegara este curso ao centro monfortino para impartir clases de Formación e Orientación Laboral.

"Todo o claustro estamos sorprendidos e consternados polo inesperado da súa morte. Levaba no centro só desde comezo de curso, pero fíxose querer pola súa humildade tanto por alumnos coma por compañeiros. Expresamoslle as nosas condolencias á súa familia", indica o IES A Pinguela no seu perfil de Facebook.

García Tobío, licenciado na Universidade de Vigo en Ciencias Económicas e Empresariales, exercera nos últimos anos na Escola de Especialidades Antonio de Escaño de Ferrol e no IES Losada Diéguez de A Estrada.

OBITUARIO. Consternación pola morte do profesor pontevedrés García...
comentarios