"As obras do novo emisario non están a afectar ao marisqueo"

Representantes das confrarías do fondo da ría valoraron positivamente o avance dos traballos de saneamento, que son unha vella demanda do sector
Trabajos de la tuneladora por donde transcurrirá el emisario submarino. RAFA FARIÑA
photo_camera Trabajos de la tuneladora por donde transcurrirá el emisario submarino. RAFA FARIÑA

"As obras non se están notando, xa pasaron o banco marisqueiro e non o notamos". A patroa da Confraría de Lourizán valorou este luns o avance dos traballos da condución submarina que mellorará a calidade da auga da ría. Xunto a representantes das agrupacións do fondo da ría, Carmen Vázquez Nores asistiu este luns á visita á Edar e as obras do emisario submarino nos Praceres. "Somos os que fincamos o cóbado para reclamar estas melloras para o saneamento", recalcou a representante dos mariscadores de Lourizán. Con ela, o patrón da Confraría de Pescadores de Bueu, José Manuel Rosas; ou o da Confraría de Raxó, Iago Tomei, comprobaron o funcionamento da depuradora. "O marisqueo do montón estivo pechado case dez anos porque se consideraba zona C pola contaminación. Para nós estas obras son moi positivas", engadiu.

Os representantes das confrarías subliñaron que "antes simplemente a depuradora non funcionaba, agora si o fai e cando funcione o emisario a capacidade será aínda maior", apuntaron.

Precisamente para evitar o impacto nos bancos marisqueiros a pé, durante o proceso de información pública do proxecto do emisario decidiuse incrementar o treito inicial de túnel, o que supuxo elevar o investimento en 2 millóns. Tamén se desprazou a cámara de carga e a estación de bombeo para reducir o seu impacto visual e deixar libre a fachada litoral. A construción dun novo emisario que non acabase no banco marisqueiro e tivese máis capacidade foi unha das demandas das confrarías do fondo da ría.

Comentarios