viernes. 14.05.2021 |
El tiempo
viernes. 14.05.2021
El tiempo

A FISCALÍA PEDIU PRISIÓN PARA TODOS OS PROCESADOS

Os Moróns que saíron en liberdade manteñen o control dos mercados

El mercadillo de Barro
El mercadillo de Barro
A Asociación Galega de Ambulantes e Autónomos reclama unha orde de afastamento das feiras para os procesados por suposta extorsión

"O ideal sería que toda a xente que está involucrada nas investigacións xudiciais sexa afastada dos mercadiños". Francisco Romero Alvite, portavoz da Asociación Galega de Ambulantes e Autónomos, confirmou a este xornal que Os Moróns seguen dominando a maior parte das feiras da provincia. "Teñen un sistema implantado dende hai moito tempo. O grupo, aínda que sen cabeza, segue funcionado igual. A primeira medida que debería tomarse sería unha orde de afastamento dos mercadiños de toda a xente que saíu en liberdade con cargos", engade Alvite.

Outras fontes confirmaron a este xornal que agora son as mulleres do clan dos Moróns quen efectúan o cobro dos 150 euros por posto que, como media, séguese levando a cabo en moitas das feiras ambulantes. Os Zamoranos, que foron obxecto de desterro, malleiras e incluso das balas nos últimos meses, continúan ameazados, segundo puido saber este xornal nos últimos días, polo que seguen facendo fronte aos pagos que se lles esixen para desenvolver o seu traballo nas feiras.

OS ALCALDES. Romero Alvite tamén reclama responsabilidades aos alcaldes, que son "os que teñen que regular os mercados ambulantes a través de ordenanzas municipais".

O portavoz dos ambulantes sinala que os edís son "colaboradores do que sucede, empezando polo de Vigo". "Un mal exemplo sucedeu en Barro. Cando Pontevedra normalizou o mercado apareceu o que era alcalde ofrecéndolles un paraíso. Iso non pode ser", recordou Romero Alvite. Os Moróns controlan o mercado do citado municipio desde que, en tempos de Teresa Casal, decidiron non someterse ao marco legal establecido na cidade do Lérez.

A Asociación Galega de Ambulantes e Autónomos enviou a semana pasada escritos de denuncia a 200 municipios de toda Galicia, explicándolles os camiños a seguir para que os mercados deixen de ser un lugar sen lei no que domina o máis forte.

Os Moróns que saíron en liberdade manteñen o control dos mercados
comentarios
ç