A pandemia provoca que o pago en efectivo teña os días contados

O 90% dos clientes usa cartón ou móbil para pagar, un dato que foi en ascenso ao suprimir os importes mínimos
Un establecimiento de Pontevedra cobra con el móvil. DAVID FREIRE
photo_camera Un establecemento de Pontevedra cobra co móbil. DAVID FREIRE

As novas tecnoloxías vanse facendo oco aos poucos entre nós e sen darnos conta, chegan para quedar. No último ano, os métodos de pago deron un xiro radical debido á pandemia, que instalou de forma definitiva o pago con tarxeta eliminando os importes mínimos esixidos e facendo así que o diñeiro físico empezo a estar en perigo de extinción. A isto súmase a aparición de novos elementos como as Apps móbil ou os reloxos "SmartWatch" que exercen aínda máis presión a un case esquecido pago en efectivo.

As moedas e biletes de curso legal empezan a ser parte do pasado. ¿Quen lles dixo aos nosos antepasados que o diñeiro ía desaparecer? Seguramente ninguén, pero a xeración actual e futura arrástranos a un mundo máis avanzado.

E parte da culpa é da pandemia, que fixo buscar novas vías coas que reinventarse para evitar o contacto. Aínda que non toda. Algúns comercios como o da hostalería xa teñen experiencia no cobro con tarxetas, aínda que recoñecen que a novidade está a chegar co "móbil, que ultimamente hai moitísimo", especialmente entre a xente jóven, segundo afirma Carlota Núñez, da Molinera. O rango de idade oscila entre os 20 e 45 anos neste sector, que fai cada vez máis factible a inclusión ao "mundo moderno". "Agora un café xa non o pagan con diñeiro", sentenza, admitindo á vez que xa "non existen os importes mínimos".

Este sector asume que o coronavirus acelerou o proceso e que a xente o aproveita "para non ter contacto co diñeiro". é un dos motivos, pero non o único. Carlota asegura que é o "mellor, primeiro porque ir ao banco é unha odisea. E segundo porque é máis cómodo. Hoxe en día todo o mundo ten un móbil con internet", sinala. é o único xeito de non librarse de pagar.

Tamén o sector téxtil está a abrir a porta ás novas tecnoloxías como métodos de pago. "Logo da pandemia estamos a notar que máis xente paga con tarxeta", apunta Mónica Pereira, da tenda Ondas de Pontevedra, que á súa vez recoñece que cada vez máis xente usa o "móbil e reloxos, aínda que estes son máis para os de mediana idade".

Á hora de facer cálculos, Pereira afirma que no seu establecemento "hai días que non teño diñeiro na caixa. O 90% pagan de xeito electrónico".

Coincide con ela a súa compañeira de profesión, Rebeca Prado, de Outlet Shoes quen asegura que os clientes "prefiren pagar con tarxeta" aínda que defende que no seu negocio "o pago con reloxos empézase a ver agora, o mesmo que os móbiles". Sabe que a evolución continúa o seu curso e que aínda que "aínda é máis que nada na xente nova" chegará o momento en que os novos métodos de pago xa non sexan tan novos.

TRANSPORTES. Ata hai pouco, coller un taxi sen diñeiro en efectivo supuña facer unha parada en metade do camiño a un caixeiro automático. Neste sector, os pagos con tarxeta chegaron de xeito moi repentino pero son tamén cada vez máis habituais. Así o asegura Manuel, que logo de varios anos no servizo, ve como todo cambia. "Agora o máis normal é o pago con tarxeta e cada vez máis os móbiles", afirma. Cre que o motivo é "o medo a tocar o diñeiro aínda, logo da pandemia" ou simplemente porque os clientes habituáronse a isto que xa forma parte da "nova normalidade". "Agora páganme ata viaxes de tres euros con tarxeta", apunta este taxista.

Xa non hai servizo que se resista. é o único xeito de sobrevivir no negocio. Aínda que para algúns non pilla por sorpresa. En General Óptica de Pontevedra os clientes tenden a pagar con móbil a diario. Tamén con tarxeta. Pero poucos levan diñeiro efectivo. "O rango de idade é sobre todo entre 25 e 50 anos", apunta.

Ante isto xorde unha pregunta: ¿Onde está o límite? Aínda non hai resposta para isto.

Comentarios