Os patinetes eléctricos, protagonistas da nova ordenanza de Pontevedra

Superar a velocidade máxima tamén poderá supor unha multa de 200 euros, que chegará ata os 500 se se aprecia unha condución neglixente ou temeraria
Los patinetes eléctricos deberán estar homologados a partir del 22 de enero. FERNANDO ALVARADO (EFE)
photo_camera Un home en patinete eléctrico. FERNANDO ALVARADO (EFE)

A Corporación municipal do Pontevedra aprobou este luns a nova ordenanza de mobilidade e espazos públicos, que reforza o carácter peonil da cidade do Lérez, priorizará os desprazamentos a pé sobre outros vehículos e inclúe regulación sobre patinetes eléctricos, entre outras cuestións. 

A ordenanza foi aprobada cos votos a favor do goberno municipal, BNG e PSOE e a abstención dos concelleiros do Partido Popular e Ciudadanos, e agora abrirase un prazo de exposición pública dun mes durante o cal se poderán presentar alegacións a esta nova normativa. 

Na nova ordenanza todos os espazos públicos municipais teñen preferencia peonil, excepto os reservados expresamente para a mobilidade motorizada, polo que todos os vehículos deberán adaptar a súa velocidade . 

A ordenanza establece unha velocidade máxima de 30 quilómetros por hora para todo o municipio. Este límite redúcese a 10 quilómetros por hora no centro histórico ou zonas de plataforma única, e inclúe a bicicletas e patinetes eléctricos

Terán prohibido a circulación polo municipio, tanto por vías urbanas como núcleos rurais, os vehículos que teñan máis de dez metros ou pesen máis de dez toneladas

Ademais, todas as pistas do rural pasarán a ter a consideración de áreas de preferencia peonil. Os vehículos a motor, bicicletas ou patinetes, polo tanto, só poderán circular pola calzada e non poderán empregar as beirarrúas en ningún caso, mentres que nas zonas de plataforma única deberán adaptar a súa velocidade ao paso do peón. 

A única excepción a esta norma serán os menores de doce anos, que si terán autorizados ir coas súas bicicletas ou vehículos de mobilidade persoal polas beirarrúas; aquelas persoas que vaian en cadeiras de rodas motorizadas, que son asimilados en dereitos aos peóns; ou os vehículos de urxencia ou de servizos públicos esenciais, que poderán entrar en áreas peonís. 

Terán prohibido a circulación polo municipio, tanto por vías urbanas como núcleos rurais, os vehículos que teñan máis de dez metros ou pesen máis de dez toneladas, salvo que se autorice expresamente; e tampouco se permitirán competicións e carreiras que non teñan a consideración de eventos deportivos.

Circular facendo eses para esquivar aos peóns ou facelo pegado ás portas dos edificios ou locais comerciais será considerado condución neglixente ou temeraria

SANCIóNS. A nova ordenanza vai acompañada dun réxime sancionador que, entre outras cuestións, inclúe multas de 200 euros para os que circulen polas beirarrúas con bicicletas ou patinetes e para os que aparquen sobre as beirarrúas ou en espazos non aptos para a circulación ou excedan o tempo permitido en zonas de servizos

Superar a velocidade máxima tamén poderá supor unha multa de 200 euros, que chegará ata os 500 se se aprecia unha condución neglixente ou temeraria. 

Neste último suposto, entre outros, inclúese circular facendo eses para esquivar aos peóns ou facelo pegado ás portas dos edificios ou locais comerciais.

Goyo Revenga, considerou que a ordenanza está "moi ben traballada" e que o seu contido é "bastante aceptable"

FUNCIONAL E AXUSTADA. O edil nacionalista, César Mosquera, que recoñeceu que "non foi fácil" redactar esta normativa, destacouna como "funcional" e "axustada" á realidade de Pontevedra, e aúna as normas que regularán a utilización dos espazos públicos e o sistema de mobilidade "amable" do municipio. 

O concelleiro de Ciudadanos, Goyo Revenga, considerou que a ordenanza está "moi ben traballada" e que o seu contido é "bastante aceptable", aínda que criticou que para a súa redacción non se consultou con colectivos sociais.

Igualmente o concelleiro do PP, Pablo Fernández, lamentou tamén o "ficticio" proceso participativo desta ordenanza e botou en falta medidas para promocionar o transporte público, crear vías sanitarias ou fomentar o uso da bicicleta, con novos carriis bici ou a instalación de aparcadoiros. 

Comentarios