A patronal galega non oculta a súa preocupación polo futuro da planta de Ence

O presidente da CEG fai extensible a alarma a todas as empresas afectadas pola nova lei
Juan Manuel Vieites, este jueves en rueda de prensa. PEPE FERRÍN (AGN)
photo_camera Juan Manuel Vieites. PEPE FERRÍN (AGN)

O posible "peche inmediato" de Ence que vaticinou o seu CEO a pasada semana se saía adiante a nova Lei de Cambio Climático na súa actual redacción non deixou indiferente a case ninguén. E moito menos ao colectivo empresarial, directamente afectado pola permanencia ou marcha da pasteira.

O presidente da Confederación de empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, foi preguntado por esta espiñenta cuestión durante a súa participación nun seminario web organizado por Foro Empresa Pontevedra e non ocultou a profunda preocupación da patronal pola incerteza que se xerou. Pero xa non só no que toca a Ence, senón a outras instalacións que tamén se poderían ver prexudicadas, como conserveiras, colexios, sedes oficiais...

Vieites anunciou a súa intención de reunirse coas con empresas afectadas na comunidade nun breve prazo de tempo para pactar unha hora de ruta antes de que sexa demasiado tarde.

O seu obxectivo é, tratar de mediar, na medida do posible, e intentar alcanzar unha solución menos drástica e que non implique o peche dalgunhas industrias produtivas de Galicia, coas negativas consecuencias que esta situación provocaría no tecido económico da comunidade.

Comentarios