sábado. 15.05.2021 |
El tiempo
sábado. 15.05.2021
El tiempo

Peches intermitentes en varias rúas por unha rodaxe no centro histórico

undefined
Rodaxe de 'Un asunto privado'. ARQUIVO
Bambú Producións continúa adiante coa serie 'Un asunto privado'

Varias rúas do centro histórico de Pontevedra serán obxecto de diversos peches intermitentes ao longo deste martes e mércores con motivo dunha rodaxe cinematográfica. Bambú Producciones continúa adiante coa serie Un asunto privado, ambientada en Galicia dos anos 40 e que será emitida por Amazon Prime Vídeo este mesmo ano.

Os puntos e horarios establecidos para os peches deste martes son: praza da Ferrería, entre 8.30 e as 14.00 horas; praza da Pedreira, entre as 13.00 e 14.00 horas, e na rúa Sarmiento, entre as 15.00 e as 18.30 horas.

As franxas horarias e puntos establecidos para os peches deste mércores son: praza de España, entre as 8.30 e as 12.00 horas; rúa Alhóndiga entre as 10.30 e as 14 horas; rúa Paio Gómez Charino, entre as 12 e as 14 horas; rúa Manuel Quiroga, entre as 14 e as 17 horas e, para rematar, praza de Curros Enríquez e rúa Real, entre as 16 e as 18.30 horas. Os peches serán de xeito alterno e terán unha duración máxima de cinco minutos.

Peches intermitentes en varias rúas por unha rodaxe no centro...
comentarios
ç