Pedaladas aposta por un sistema para que os maiores renuncien a conducir

O colectivo suxire incentivar a renuncia ao carné a cambio de axudas para alternativas de transporte público
Bicicleta destrozada tras un atropello mortal por parte de un conductor de avanzada edad. ADP
photo_camera Bicicleta esnaquizada tras un atropelo mortal por parte dun condutor de avanzada idade. ADP

Ao compás do xuízo que se suspendeu o luns en Pontevedra en relación co atropelo a un pelotón ciclista por parte dun home de 87 anos (co resultado de dous falecidos e numerosos feridos graves), o colectivo Pedaladas aposta por un sistema que funciona en Xapón co obxectivo de incentivar a renuncia aos permisos de conducir de persoas en idade avanzada a cambio de axudas para alternativas de transporte público. "O aprazamento do xuízo polo atropelo dos cilistas de Oia devolve ao debate público o problema que supón a perda de capacidades físicas para conducir un vehículo a motor. En España e máis concretamente en Galicia aínda non se abordou un problema que vaise ir incrementando, aqueles condutores que por idade perden as súas facultades para utilizar un automóbil e que seguen a necesitar do", explica o colectivo.

Pedaladas explica que os adiantamentos a ciclistas deixando unha marxe de 1,5 metros son manobras sinxelas para quen teñen todas as súas facultades para conducir, pero non así para os maiores, polo que reclama á Xunta "un programa de axudas á revogación de licenzas de condución en Galicia, para que aquelas persoas en idade de xubilación e que revoguen a súa licenza de condución accedan a unha maior subvención ao transporte público e ao transporte a demanda co fin de reducir o impacto para a seguridade viaria, así como garantir o dereito de mobilidade das persoas de maior idade".

A asociación ciclista expón que "en Xapón, país co que Galicia comparte un alta porcentaxe de poboación en avanzada idade que é usuaria de vehículos a motor para os seus desprazamentos, dende 1998 teñen un programa para aquelas persoas que devolven a sua licenza de condución". A solución posta en práctica alí inclúe que o Estado fomente "a revogación de licenza con axudas para o uso do transporte público".

Comentarios