lunes. 02.08.2021 |
El tiempo
lunes. 02.08.2021
El tiempo

A Peregrina acolle o sábado unha concentración para defender a sanidade pública

undefined
Iñarrea, Torre Almón, Cuña e Asensi na rolda de prensa. DAVID FREIRE
CGT, Prosagap e STEG únense á convocatoria promovida en toda España para esixir un sistema sanitario gratuíto, universal e de calidade

A Coordinadora Anti-privatización da Sanidade Publica (CAS) e os sindicatos Prosagap, STEG, CGT e CNT animan á sociedade, e especialmente aos profesionais sanitarios, a participar nunha concentración convocada en Pontevedra para este sábado, ás 12.00 horas, na Praza da Peregrina "fronte á privatización da sanidade pública". A mobilización terá lugar de forma simultánea en 60 cidades de España, explicaron os convocantes, na presentación da concentración, este xoves en rolda de prensa.

Denuncian estes sindicatos o "desmantelamento" da sanidade pública e o "saqueo de fondos públicos" en beneficio da empresa privada, algo que cualifican como "un crime". "Pagámolo todo coa nosa saúde e as nosas vidas".

Así mesmo, alertan de que "a deterioración da sanidade pública é cada día maior" e por iso chaman a esixir a súa blindaxe e protestar polo desvío da recadación de impostos a empresas privadas cando "permanecen pechadas miles de camas en hospitais públicos". É o caso, explica María Torre Almón, de Prosagap, dos pacientes que acoden aos seus centros de saúde logo dunha intervención cirúrxica nun hospital privado, a pesar de que o concerto asinado entre este e o Sergas obrigaría "a que o Quirón se fixese cargo do seguemento do paciente durante os seis meses seguintes da operación".

O mesmo ocorre, apunta a súa compañeira Carolina Iñarrea, coas persoas que están a realizar a rehabilitación poscovid, o que obriga aos sanitarios a asumir horas extra porque o persoal resulta insuficiente.

Para lograr os obxectivos, explicou Miguel Cuña (CXT), os sindicatos defenden a derrogación da Lei 15/97 e do artigo 90 da Lei Xeral de Sanidade, recuperar todo o privatizado, un novo modelo de Atención Primaria, unha industria sanitaria, farmacéutica e de investigación pública, acceso á sanidade universal e unha mellor atención para persoas maiores e dependentes.

A Peregrina acolle o sábado unha concentración para defender a...
comentarios
ç