sábado. 21.05.2022 |
El tiempo
sábado. 21.05.2022
El tiempo

Os pisos turísticos, ao 100% na provincia durante o mes de agosto

La playa de Silgar, en Sanxenxo. ELVA FERNÁNDEZ
A praia de Silgar, en Sanxenxo. ELVA FERNÁNDEZ
Aviturga confirma que Sanxenxo, Cambados, Poio, O Grove, A Estrada ou Silleda ocuparon todas as súas habitacións en plena pandemia en agosto

A primeira quincena de agosto deixa un balance de ocupación nas vivendas de uso turístico "excepcional" na provincia de Pontevedra, segundo a patronal do sector, Aviturga, con porcentaxes similares aos do pasado verán e do 100% de ocupación en localidades como Sanxenxo, Cambados, Poio, Nigrán, O Grove, Silleda, A Estrada ou Campo Lameiro.

Baiona, Cangas, Vilagarcía de Arousa, A Guardia ou Illa de Arousa superaron ou 90 %; mentres que destinos como Marín, Meaño, Nigrán, Caldas de Reis, Porriño e Vilaboa alcanzaron o 89 %. Menor ocupación rexistraron as cidades como Pontevedra e Vigo, que a pesar de superar o 84 % de ocupación manteñen a tendencia detectada en xullo de ser as cidades máis poboadas as que rexistran o maior impacto do Covid-19.

A Coruña é a segunda provincia galega con maior porcentaxe de ocupación en vivendas de uso turístico durante a primeira quincena de agosto. A Pobra do Caramiñal, Camariñas, Muros, Miño, Carballo, Ares, Corcubión, Carnota e Cee roldaron o 93 %. Na Costa da Morte, Ares, Fisterra, Noia ou Rianxo a ocupación situouse nun 2%. Outros destinos como Oroso ou Cambre, quedaron nun 90%. As dúas cidades da provincia, Santiago de Compostela e A Coruña, rexistraron un 83 %.

Destinos da provincia de Ourense, como Ribadavia, Castro Caldelas ou Toén superaron o 93%, mentres que Ourense cidade roldou o 84 %. Sanxenxo liderou unha quincena máis a ocupación de vivendas de uso turístico, entre outras razóns por ser o municipio que concentra o maior número de aloxamentos desta modalidade.

En canto á tipoloxía de vivenda máis demandada a tendencia é idéntica á de xullo, logrando un maior índice de reservas aquelas que pon a disposición dos seus hóspedes a intimidade dun pequeno xardín, unha piscina e outras prestacións de lecer sen necesidade de saír da propiedade.

Neste sentido a presidenta de Aviturga, Dulcinea Aguín, resalta que a estancia media dos viaxeiros en destinos turísticos tradicionais nesta primeira quincena de agosto foi de 7 días mentres que as vivendas illadas prolongouse ata os 10.

Este verán atípico tamén se caracterizou polas curtas estancias de fins de semana como forma de poder desconectar e descansar logo destes meses duros de confinamento.

En canto procedencia do hóspede de vivenda de uso turístico durante esta primeira quincena do mes de agosto foron Madrid, Asturias, País Vasco, Castela León e Cataluña as comunidades desde as que chegaron a maioría, xunto a un importante movemento interprovincial en Galicia. En boa parte dos casos tratouse da primeira viaxe á nosa Comunidade, á que acudiron atraídos por unha imaxe de escasa masificación, de seguridade e de diversidade turística. A diferenza do mes de xullo as reservas rexistráronse con maior antelación pero tamén de última hora.

Algo coincidente co pasado verán e co mes de xullo é o perfil do usuario das vivendas para aloxamento vacacional. Trátase de familias integradas por entre 2 e 4 membros e procedentes sobre todo do territorio nacional. Persoas que buscan un descanso baseado na tranquilidade e que valoran especialmente o prezo, a comodidade e este ano en concreto, non compartir zonas comúns con outros usuarios.

AVITURGA destaca por outra banda a alta incidencia da campaña leGALICIAte.gal, desenvolvida en colaboración coa Consellería de Turismo para contribuír regularización das vivendas de uso turístico. En pouco máis dun mes Aviturga xestionou algo máis de 550 consultas de propietarios particulares interesándose polos trámites a realizar para incluír a súa vivenda no mercado do aluguer turístico.

Aviturga recorda aos propietarios a obrigación de publicar a súa código de rexistro da vivenda nos portais de internet ou en calquera outro medio que utilicen para a comercialización dos aloxamentos.

Os pisos turísticos, ao 100% na provincia durante o mes de agosto
comentarios