Pontefogar atrae a 2.000 persoas na súa segunda xornada

Máis de 40 expositores ofrecen no Recinfo Feiral o último en decoración, mobles, servizos e alimentación para o fogar
Visitantes en Pontefogar. RAFA FARIÑA
photo_camera Visitantes en Pontefogar. RAFA FARIÑA

Un fin de semana chuvioso é ideal para quedar en casa ou, case mellor, para facer todo o necesario para que a vivenda sexa o máis ideal posible. Para isto está Pontefogar, un monográfico dedicado integramente ao fogar que este domingo pola noite pechará as súas portas no Recinto Feiral de Pontevedra. Na xornada do sábado pasaron máis de 2.000 persoas polas instalacións, nas que 40 expositores ofrecen o último en decoración, mobles, servizos e alimentación para o fogar.

Se o ano pasado o perfil do público era xente de máis idade, este ano a maioría son familias con nenos que desexan coñecer as últimas tendencias do sector mentres os pequenos gozan nos inchables ou nos carruseis de moedas.

O certame, creado por Diario de Pontevedra, está promovido polo Concello a través da Concellería de Promoción Económica e conta co patrocinio da firma Eroski.

VARIEDADE. No sector do moble acoden a este certame asinas como Mobil Ocasión, O Rastro, Vidal Confort, Moveis Vilela, Rochas Mobiliario, Artest, Novo Stylo e Mobles Sambade, entre outros. Pola súa banda, dentro do apartado de decoración participan Factoría Atelier e Madeiras Acuña (taboleiros, tarimas e portas). Este ano incorpórase tamén a Pontefogar a firma Forxa Galega (Taller de cerrajería e forxa especializado en escaleiras metálicas e pasamanos). Por outra banda, acoden empresas de strong<> servizos como Sica (artigos para o fogar), TVmac, Confort Fogar, Belenus Natur, Rainbow Madeiras Xeve (molduras) e Villares. En utensilios para o fogar están presentes no certame Tupperware, Eucagreen, Mr. Stove e Toallas Portugal.

Para rematar, no ámbito da alimentación contan con caseta propia adegas Torres Augusti, Embutidos León, Azafrán de Tradición, Conservas Burela, e Chacinas Sanabria.

SORTEOS. Pontefogar, que conta cunha superficie de exposición de 5.000 metros cadrados, abre o domingo as súas portas de 11.30 á 21.00 horas. O prezo da entrada é de dous euros, pero se se presenta o bono desconto publicado no perfil de facebook de Diario de Pontevedra ou se envía un wassap coa palabra cupón ao 651829708 obtense unha rebaixa de 50 céntimos no prezo da entrada.

Así mesmo, cada día sortéanse dous vales de 100 euros para gastar na propia feira. O sorteo de hoxe será ás 19.00 horas para que os agraciados poidan investilo antes do peche.

Pontefogar tamén dispón dunha zona de lecer e restauración onde os visitantes poidan degustar a ampla variedade de menús sen necesidade de saír á rúa para repor forzas.

Comentarios