Pontefogar toma o Recinto Feiral

Máis de 40 expositores ofrecen o último en decoración, mobles, servizos e alimentación para o fogar
Pontefogar vuelve a Pontevedra para celebrar su segunda edición este fin de semana. J.L. OUBIÑA
photo_camera Pontefogar volve a Pontevedra para celebrar a súa segunda edición este fin de semana. J.L. OUBIÑA

O Recinto Feiral de Pontevedra acolle desde hoxe venres, ata o domingo, 20 de outubro, a segunda edición Pontefogar, un monográfico dedicado integramente ao fogar. O certame promovido desde o Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Promovión económica, conta co patrocinio de Eroski.

O certame, que na primeira edición celebrada o pasado ano recibiu 8.000 visitantes, mostra estes días as mellores solucións en mobiliario, decoración, enxoval, alimentación e servizos para o fogar.

Este ano, os visitantes ses atoparán con máis de 40 expositores que traen a Pontevedra as últimas tendencias en decoración, mobiliario, alimentación e servizos para o fogar.

Así, no sector do moble acoden a este certame asinas como Mobil Ocasión, O Rastro, Vidal Confort, Moveis Vilela, Rochas Mobiliario, Artest, Novo Stylo e Mobles Sambade, entre outros. Pola súa banda, dentro do sector de decoración acoden, Factoría Atelier e Maderas Acuña (taboleiros, tarimas e portas). Este ano incorpórase tamén a Pontefogar a firma Forxa Galega (Taller de cerrajería e forxa especializado en escaleiras metálicas e pasamanos).

Por outra banda, acoden empresas de servizos como Sica (artigos para o fogar), TVmac, Confort Fogar, Belenus Natur, Rainbow Madeiras Xeve (molduras) e Villares. En enxoval para o fogar están presentes no certame Tupper ware, Eucagreen, Mr. Stove e Toallas Portugal.

Para rematar, no ámbito da alimentación contan con caseta propia adegas Torres Augusti, Embutidos León, Azafran de Tradición, Conservas Burela, e Chacinas Sanabria.

Pontefogar, que conta cunha superficie de exposición de 5.000 metros cadrados, abre as súas portas esta tarde desde as 17 ás 21 horas. Durante o fin de semana o horario de visitas será de 11.30 á 21 horas de forma continuada.

PREZO E DESCONTOS. O prezo da entrada é de dous euros, pero se se presenta o bono desconto publicado no perfil de facebook de Diario de Pontevedra ou se envía un wassap coa palabra cupón ao 651 82 97 08 obtense un desconto de 50 céntimos no prezo da entrada. Ademais de ofrecer unha ampla variedade de produtos para a vivenda, as familias con fillos pequenos dispoñen dunha zona de lecer infantil con inchables para que os máis pequenos xoguen mentres os adultos visitan as casetas ou buscan asesoramento para mellorar a decoración ou o mobiliario da súa casa.

Pontefogar dispón dunha zona de lecer e restauración gastronomica onde os visitantes poidan degustar a ampla variedade de menús sen necesidade de saír á rúa para repor forzas.

Pontefogar naceu por iniciativa de Diario de Pontevedra co obxectivo de impulsar o comercio local e para potenciar e consolidar á cidade como espazo de congresos. A pesar de que este ano só son tres dias de feira e o evento non coincide con festivos (o ano pasado coincidiu coa ponte d ela constitución), o responsable de Pontefogar, Miguel López, espera que o segundo Salón do fogar Pontefogar 2019 supere o número de visitantes do pasado ano.

O evento
Este venres pola tarde abre as súas portas no Recinto Feiral de Pontevedra á segunda edición de Pontefogar, que organiza Diario de Pontevedra. Mais de 40 expositores mostrarán neste salón as últimas tendencias en decoración, mobiliario, alimentación e servizos para o fogar. O evento, espera superar o número de visitantes do pasado ano e consolidarse como referente.