Ponteinfluencers

Moda, cociña, fotografía ou deporte son algunhas das temáticas dos instagramers con máis seguidores de Pontevedra
Pablo Dapena cuenta con 27.000 seguidores en su perfil de Instagram. RAFA FARIÑA
photo_camera Pablo Dapena conta con 27.000 seguidores no seu perfil de Instagram. RAFA FARIÑA

Pontevedra non queda atrás en canto ao uso das redes sociais se refire. A cidade conta con múltiples persoas destacadas nas redes sociais, tamén coñecidos como microinfluencers. Estes acumulan gran cantidade de seguidores nas súas redes sociais e ofrecen mediante as súas publicacións contido sobre diversos temas.

Entre as temáticas empregadas polos influencers de Pontevedra destaca a moda. Onde se sitúa Carla Dios (@carla_dv) quen ademais contén a maior cifra de seguidores. A moza de 23 anos enfoca o seu contido na elaboración de outfits e alcanza os 185.000 followers. Doutra banda, a enfermeira Vanesa García (@vanesa_ garpes) leva a cabo unha combinación de contido de estilo de vida saudable, deporte e moda para as súas 35.300 seguidores. Destacando entre as actividades físicas a práctica de ioga aéreo.

Tamén no marco dos influencers deportivos gáñase o seu lugar o triatleta pontevedrés Pablo Dapena (@pablitopiny). O deportista, medallista no Campionato Mundial de Tríatlon de Longa Distancia en 2018 e 2019, conta con 27.000 seguidores. "Neste momento considéroa unha ferramenta fundamental", afirma Dapena sobre a rede social, á vez que matiza que intenta transmitir "o día a día dun deportista sen crear un mundo de fantasía".

Pablo Dapena, Carla Dios ou Vanesa García son algúns dos influencers que brillan nas redes 

Ademais hai lugar para as representacións artísticas. Nesta sección, atópanse enmarcados a compañía galega de espectáculos Pablo Mèndez (@pablomendezperformances) e a fotógrafa Raquel Calviño (@raquelcalvino).

A artista pontevedresa de 51 anos foi pioneira no uso desta rede social e nela comparte cos seus 42.000 seguidores a fotografía que desenvolve. A súa conta comezou a obter máis relevancia en 2013 brindándolle novas oportunidades "axudoume a situarme e desenvolver novos proxectos", afirma Raquel Calviño. Ademais sinala que é unha boa opción para estar en contacto con outros fotógrafos.

Pola súa banda, a compañía de espectáculos Pablo Mèndez sitúase nos 24.100 usuarios. O xefe da empresa, Pablo Méndez, sinala a importancia das redes sociais "son o escaparate perfecto para manternos conectados co noso público" o cal se atopa ao redor do mundo.

Entre os influencers galegos tampouco pode faltar o contido relacionado co mundo culinario, destaca o chef Javier Oleiros (@javi_cullerdepau). Este recoñecido cociñeiro, que conta con dúas Estrelas Michelín e dous Sol Repsol, concentra un público de 21.600 seguidores na súa conta. E desde ela fai unha aposta pola sustentabilidade e informa sobre o seu restaurante Culler de Pau.

Comentarios