Este xoves celebrouse a inauguración da XX Edición da Feira do Mel, ubicada como tódolos anos na Rúa Serra. O evento, que terá unha duración de tres días, prolongarase ata o 9 de agosto no marco da nova normalidade. Os postos permanecerán abertos ao público de 10.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 22.00, agás na xornada do domingo, na que o horario será de 11.00 a 14.30 horas.
Por mor das circunstancias impostas pola pandemia da Covid-19, a Feira do Mel contará este ano con oito postos, o que supón unha diminución considerable con respecto a anteriores edicións. Todos eles cumpren estritamente as medidas de seguridade e hixiene.
A concelleira socialista Yoya Blanco expresou que trala solicitude da Asociación de Apiculotores, tiña claro que depois de 30 anos de celebración, a realización da feira neste ano tan complicado era vital para axudar aos apicultores e ao comercio do mel.