jueves. 04.03.2021 |
El tiempo
jueves. 04.03.2021
El tiempo

Pontevedra dispón duns 60 puntos de carga de coches, por baixo da media nacional

Un punto de carga eléctrica. DP
Un punto de carga eléctrica. DP

A escaseza de puntos de carga de coches eléctricos lastra a venda destes vehículos. Na provincia de Pontevedra o número de localizacións para enchufar estes coches non chega a 65, segundo datos de Electromaps (provedor de servizos de mobilidade eléctrica). 

Ademais, a maioría concéntrase nas principais cidades (Pontevedra e Vigo) e, particularmente, na metade sur. Para maior dificultade, das localizacións de recarga existentes na provincia, unhas 36 son de propietarios particulares ou sitúanse en negocios que restrinxen a súa utilización aos seus clientes. 

No caso concreto da capital e os seus arredores, existe un servizo destas características no Parking Central; outro emprazado nunha tenda nas proximidades da avenida de Bos Aires, cinco en concesionarios de venda de coches, un nunha estación de servizo do municipio de Poio e outro particular dun usuario.

Mentres, no conxunto do Estado español hai distribuídas preto de 5.200 localizacións para enchufar automóbiles destas características cun total de 13.659 conectores.

Pontevedra dispón duns 60 puntos de carga de coches, por baixo da...
comentarios
ç