viernes. 24.01.2020 |
El tiempo
viernes. 24.01.2020
El tiempo

Pontevedra contrata a once vítimas de violencia de xénero

Anabel Gulías. JAVIER CERVERA
Anabel Gulías. JAVIER CERVERA
Traballarán en varias áreas do Concello durante os próximos doce meses grazas a unha subvención da Xunta que supera os 304.000 euros

O Concello de Pontevedra incorporará ao seu persoal a once vítimas de violencia de xénero. Así o anunciou este luns en rolda de prensa a portavoz municipal, Anabel Gulías, que explicou que todas as persoas contratadas son mulleres residentes na capital provincial.

As seleccionadas traballarán a xornada completa en distintas áreas da Administración local durante os próximos doce meses. E farano grazas a unha subvención concedida pola Secretaría Xeral de Igualdade, isto é, da Xunta. A contía da axuda ascende a 304.411,64 euros.

Gulías agradeceu a colaboración do Goberno galego e destacou a importancia de "visibilizar" e apostar pola "reinserción laboral" deste colectivo especialmente vulnerable. "Empezarán a traballar en breve", reiterou a portavoz, que asegurou que unha parte do financiamento deste programa laboral correrá a cargo da facenda local.

Pontevedra contrata a once vítimas de violencia de xénero
Comentarios