Pontevedra convoca o Premio María Victoria Moreno de literatura infantil e xuvenil

O certame ten unha dotación económica de 4.000 euros e o gañador verá publicado o seu libro
 
La edil de Cultura en Pontevedra, Carmen Fouces. DP
photo_camera A edil de Cultura en Pontevedra, Carmen Fouces. DP

O Concello de Pontevedra convocou este xoves a terceira edición do Premio María Vitoria Moreno de literatura infantil e xuvenil, instaurado hai dous anos para homenaxear á escritora á que se dedicou o Día das Letras Galegas de 2018.

O premio, que está organizado en colaboración coa editorial Cuarto de Inverno, ten unha dotación económica de 4.000 euros e o gañador verá publicado o seu libro.

O prazo de presentación das obras, que deben ser inéditas e escritas en lingua galega, estará aberto ata o próximo 30 de xuño.

A edil de Cultura en Pontevedra, Carmen Fouces, explicou que o Concello optou por non atrasar a convocatoria do premio para que os autores poidan aproveitar este confinamento para avanzar nos seus traballos.

Sinalou que a organización do premio confía en que reciban unha "gran cantidade" de propostas "fermosas", como en anos anteriores, e que manteñan a calidade "excepcional" das obras presentadas nas dúas primeiras convocatorias. 

Comentarios