Pontevedra repara a súa galería de servizos para evitar futuras avarías

As obras, que executa Viaqua, corrixirán a principal deficiencia detectada por Augas de Galicia na rede local

Obras frente al Gremio de Mareantes. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Obras fronte ao Gremio de Mareantes. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O Concello de Pontevedra púxose ao choio para evitar futuras avarías na súa galería de servizos, situada en Orillamar. O concelleiro do Ciclo da Auga, Raimundo González Carballo, confirmou este mércores que os técnicos de Viaqua traballan a pé de campo para corrixir as deficiencias detectadas nesta rede. A zona dos traballos sitúase agora fronte ao Gremio de Mareantes, o que obrigou a realizar cortes de auga para executar as melloras.

O principal problema do colector xeral que discorre entre as avenidas de Uruguai e As Corvaceiras é a filtración de auga do mar a través dos puntos de vertedura e alivios que existen ao longo do litoral pontevedrés. Así llo comunicou Augas de Galicia ao Goberno local nun informe no que enumeraba 72 deficiencias que instaba a corrixir.

A maior parte destas anomalías son de carácter menor. Entre elas figuran, por exemplo, tubos con pequenas filtracións e arquetas rotas.

A Xunta marcou como "relevantes" 21 destas deficiencias. "Están corrixidas case todas", asegurou González Carballo. "Non vai vir Augas de Galicia a saber como está a nosa rede. Sabémolo", engadiu.

As obras de reparación que executa Pontevedra realízanse con cargo ao novo contrato da auga, que Viaqua xestionará durante os próximos 20 anos e que impón obrigacións económicas á empresa para facerse cargo do mantemento da rede de rede de sumidoiros.

Os puntos negros nas tubaxes de Poio e Marín suman 41 incidencias, das cales 22 son "relevantes".

Comentarios