Pontevedra rexistra sete denuncias de violencia machista en só dez días

"Calquera cousa que se poña en dúbida sobre a violencia de xénero débenos preocupar", di Losada en se visita á Boa Vila

Losada, acompañado por Tino Fernández y Mayca Larriba. JAVIER CERVERA+
photo_camera Losada, acompañado por Tino Fernández y Mayca Larriba. JAVIER CERVERA+

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, salientou este xoves que nos primeiros dez días de 2019 presentáronse sete denuncias por violencia de xénero na provincia de Pontevedra –unha delas na cidade do Lérez, durante a celebración de fin de ano que se suma a outras dúas denuncias este tipo que se deron durante as festas– algo do que dixo estar "preocupado".

Nunha reunión con informadores en Pontevedra para facer balance dos primeiros sete meses do Goberno de Pedro Sánchez, Losada destacou a "importancia" de loitar coa actual lexislación contra a violencia de xénero. 

Losada tamén expresou a súa inquietude polo acordo adoptado este xoves entre o PP "para darlle ás" á formación ultradereitista Vox en Andalucía, ao considerar que "calquera cousa que se poña en dúbida" en relación coa violencia de xénero "débenos preocupar como sociedade".

Tras indicar que en 2018 presentáronse 1.773 denuncias en Pontevedra, Losada opinou que a actual lexislación "salvou a moitas vítimas" e engadiu que "non pode haber ningún tipo de relaxo" nin comportamentos que "trasladen dúbidas" sobre a súa efectividade.

En resposta á postura de Vox, o delegado do Goberno en Galicia dixo que a violencia de xénero "non é ningún invento do feminismo radical nin do feminismo supremacista", senón un problema de "dereitos fundamentais".

"O que non o entenda así está a lle facer fraco favor á metade da poboación española", advertiu.

Respecto ao traballo do Executivo de Sánchez, Losada afirmou que a chegada do PSOE ao poder no Goberno central permitiu "pisar o acelerador" e facer de Pontevedra unha provincia líder en materia económica, ambiental e social, tras "desatascar" cuestións que estaban "enquistadas" durante a etapa do PP.

Neste balance, Losada puxo énfase na mellora das infraestruturas viarias, obras "de gran calado" en toda a provincia, levantar o veto" ao debate sobre a transferencia de competencias da principal autoestrada galega, a AP-9, ou en políticas sociais e na recuperación de dereitos laborais.

Comentarios