lunes. 23.05.2022 |
El tiempo
lunes. 23.05.2022
El tiempo

Pontevedra só dispón de catro prazas en ciclos de grao medio de FP

Alumnos de Servizos en Restauración do Carlos Oroza. CHRISTIAN FERNÁNDEZ (ADP)
Alumnos de Servizos en Restauración do Carlos Oroza. CHRISTIAN FERNÁNDEZ (ADP)
A Consellería oferta as vacantes nun prazo de matrícula que remata o venres ▶ Tres son no IES Montecelo e a outra no Carlos Oroza

Os centros que imparten Formación Profesional en Pontevedra só dispoñen de catro prazas libres nos ciclos formativos de grao medio, segundo unha publicación da Consellería de Educación na súa web do pasado luns.

Dende primeira hora deste martes e ata o venres 27 ás 13.00 horas mantense aberto un prazo de matrícula extraordinario. Para inscribirse nun destes ciclos con vacantes a única condición é cumprir os requisitos de acceso para as ensinanzas correspondentes. As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo teña prazas vacantes, aínda que os formularios poden descargarse da propia web da Consellería. A tramitación será por orde de chegada.

O documento coa relación de vacantes vai actualizándose en tempo real. Ás 21.40 horas do martes quedaban tres prazas das 22 ofertadas no CM de Impresión Gráfica no IES Montecelo e unha das 25 no CM de Servizos en Restauración no CIFP Carlos Oroza.

Os últimos ciclos en cubrir as vacantes foran o CM de Instalacións eléctricas e automáticas no IES Frei Martín Sarmiento (28), o CM de Instalacións en telecomunicacións do CIFP A Xunqueira (24)e o CM de Xestión Administrativa no IES Luís Seoane (30).

A Consellería tamén oferta prazas libres nos módulos do réxime para persoas adultas.

Pontevedra só dispón de catro prazas en ciclos de grao medio de FP
comentarios