jueves. 29.10.2020 |
El tiempo
jueves. 29.10.2020
El tiempo

Pontevedra tamén fala coas mans

O programa Manciñas presentouse este mércores no Concello cunha intérprete de lingua de signos e cos seus impulsores utilizando máscaras comunicativas. GONZALO GARCÍA
O programa Manciñas presentouse este mércores no Concello cunha intérprete de lingua de signos e cos seus impulsores utilizando máscaras comunicativas. GONZALO GARCÍA
A Concellería de Benestar Social lanza, en colaboración con Xoga, unha campaña formativa para que profesores e alumnos de 3º e 4º de Primaria aprendan nocións básicas de lingua de signos

SUPERAR TODAS as barreiras, tamén as da comunicación. Ese é o obxectivo co que a Concellería de Benestar Social, que dirixe Marcos Rey, vén de lanzar unha campaña formativa para que profesores e alumnos de 3º e 4º curso de Primaria aprendan nocións básicas de linguaxe de signos e poder así comunicarse coa poboación xorda.

A iniciativa, que leva por nome Manciñas 20Vente-20Vente, chegará a todos os centros educativos de Pontevedra. E farao a través dun vídeo e o reparto dunha unidade didáctica que amosa cada unha das palabras e expresións empregadas na peza audiovisual, así como algunhas nocións sobre saúdos e como comunicarse de forma básica mediante lingua de signos.

O programa, no que colabora a asociación Xoga, tamén inclúe un vídeo con letra e música do tema Non Bou, pertencente aó quinto clip do disco Músicas de Domingo, interpretado por Nelson Quinteiro co pianista Brais González.

O tenente de alcalde e concelleiro de Educación, Tino Fernández, subliñou o papel que Xoga ten neste tipo de actuacións, que nun primeiro momento ían ter carácter presencial nas aulas. A crise do coronavirus obrigou a replantexar a iniciativa, que agora chegará a todos os colexios do concello.

"Dentro das desgrazas que nos trouxo, a covid-19 tamén nos deixou algunha lección, como a importancia que a lectura dos beizos ten para as persoas xordas", dixo o edil socialista, que asegurou que a campaña será un éxito. "Os nenos son como esponxas e son quen de aprender varias linguas, así que este programa será de gran utilidade", subliñou.

A rolda de prensa de presentación de Manciñas tivo un carácter inclusivo. Contou cunha intérprete de lingua de signos e os concelleiros, impulsores e colaboradores da iniciativa, levaron máscaras comunicativas, que permiten ver a boca.

Pontevedra tamén fala coas mans
comentarios