En Pontevedra hai 1.114 casos de violencia de xénero activos

A subdelegada asegurou que se está producindo unha "tendencia á baixa" no número de denuncias
Maica Larriba. DP
photo_camera Maica Larriba. DP

Ata 1.114 casos por violencia de xénero, sete deles con vítimas que son menores de idade, teñen seguimento policial activo na provincia de Pontevedra, segundo desvelou este mércores a subdelegada do Goberno, Maica Larriba.

Estas son os casos de risco que están rexistrados no sistema Viogen de seguimento integral da violencia de xénero ata a data de onte, 20 de outubro.

Preto da metade dos casos (500) danse entre mulleres de 31 a 45 anos, seguido das mulleres de 46 a 64 anos (298), mulleres de 18 a 30 anos (268) e maiores de 65 (40).

De todos eles, detallou Larriba, hai un caso de risco "extremo" para a vítima e noutros doce apréciase por parte das autoridades un risco "alto".

A subdelegada asegurou que se está producindo unha "tendencia á baixa" no número de denuncias presentadas por violencia machista, das 592 formuladas no primeiro trimestre de 2019 ás 521 que se rexistraron en 2020.

O descenso é "considerable", engadiu, no segundo trimestre ao coincidir co estado de alarma, ao pasar de 573 a 490 en comparación co mesmo período do ano pasado.

Comentarios