A pontevedresa Iconweb entra nun ranking das 100 mellores axencias de España

A empresa de mercadotecnia é a primeira de Pontevedra que forma parte da lista de El Publicista

El equipo de Iconweb, con Alberto Garnil a la cabeza (primero por la izquierda). RAFA FARIÑA
photo_camera O equipo de Iconweb, con Alberto Garnil á cabeza (primeiro pola esquerda). RAFA FARIÑA

A pontevedresa Iconweb é unha das 100 mellores axencias de publicidade de España. Así aparace reflectido nunha lista que elabora a revista do sector El Publicista, baseándose, fundamentalmente, na presenza das distintas firmas nos festivais de publicidade de todo o mundo. O ano pasado, Iconweb, a primeira axencia pontevedresa que entra nesta lista, recibiu catro premios no Smile Festival por campañas de autopromoción.

Só outras catro firmas galegas aparecen no ranking: no número 27 atópase Quattro idcp; no 34 está Anónimo Advertising; no posto 42 sitúase BAP&Conde e Roi Scroll pecha a lista galega no posto 94. A pontevedresa Iconweb aparece na 92ª posición.

Creada no ano 2014, a empresa está dirixida por Alberto Garnil (Pontevedra, 1976). Especializada en deseño e mercadotecnia, coa maior parte dos seus clientes de fóra de Galicia, na actualidade conta cun persoal de nove persoas.

"Entrar neste ranking podería ser simplemente unha anécdota, porque un non traballa no día a día pensando nestas cousas, pero realmente é algo máis", explica Garnil, "porque que se recoñeza o teu traballo é algo ao que aspiras. E este tipo de recoñecementos axudan a que os clientes se fixen en ti e a que a túa empresa creza".

"O groso dos nosos clientes son pemes"

Iconweb traballou, por exemplo, para Pizza Hut, Pizza Móbil, Flexicar ou Adelte, a empresa da que é conselleiro delegado o presidente do Barça, Josep Maria Bartomeu.

"Non podemos presumir de campañas creativas para os grandes clientes que teñen as 20 primeiras axencias do ranking: Mercedes, Coca-Cola... Pero si que conseguimos visibilidade e un certo impacto co noso traballo".

GOOGLE PARTNER. Garnil explica que, sobre todo, traballan con pemes. "Son o groso dos nosos clientes e con eles sentímonos cada vez máis identificados. Porque non só demandan un servizo de deseño en concreto senón que buscan axuda en cuestións máis relacionadas coa mercadotecnia e con captar clientes a través da rede, por exemplo".

De feito, Iconweb é unha axencia Google Partner, "acreditada polo investimento que fan os nosos clientes, o que nos dá certa solvencia".

Comentarios