Os pontevedreses gastarán 40 millóns de euros nestes entroidos

Obsérvase un aumento na previsión de gastos en disfraces, alimentación, restaurantes, e mercados en relación co ano 2018

Desfile de Carnaval de A Estrada. PATRI FIGUEIRAS
photo_camera Desfile de Entroido da Estrada. PATRI FIGUEIRAS

A Federación de Comercio de Pontevedra vén de realizar unha enquisa para estimar o gasto que os pontevedreses farán este ano nos entroidos. 

Neles, obsérvase un aumento na previsión de gastos en disfraces, alimentación, restaurantes, e mercados en relación co ano 2018. Tamén se aprecia un maior numero de persoas que se disfrazan e de comparsas, e que a media de cada comparsas é de entre 50 e 70 persoas.

Como se observa da enquisa, este ano 2019 o gasto neste período de Entroidos, será dun gasto total estimado previsto, dun pouco máis de 40 millóns de euros na provincia de Pontevedra.

Ademais, indícase que no ranking de vendas do comercio, o entroido situouse no cuarto lugar de gastos extraordinarios ao longo do ano.

Comentarios