Posta de longo do novo tanatorio Pontevedra-San Mauro

A renovación implica novas salas de velorio, un amplo espazo para actos privados e a ampliación do aparcadoiro

Despois de 25 anos de existencia, o tanatorio San Mauro presentou este xoves a súa profunda remodelación, que inclúe multiplicar por catro a superficie anterior e que supuxo un investimento superior ao millón de euros.

A renovación implica novas salas de velorio, un amplo espazo na planta superior para actos privados, charlas ou eventos que queiran organizar os clientes, ampliación do aparcadoiro en máis de 100 prazas (pasando ás 170), implantación das últimas tecnoloxías en todas as instalacións e unha remocicada cafetería.

A transformación tamén afectou ao nome da empresa, que a partir de agora denomínase Tanatorio Pontevedra-San Mauro.

O seu xerente Juan Perdiz, explica que, "aínda que son de Aguasantas, Pontevedra deume moitísimo e quero devolverlle todo o que me regalou. Por iso apostamos por converternos nun referente do sector funerario, non só na cidade, senón en Galicia e en toda España".

Á presentación oficial da ampliación -que terá continuidade en breve cunha terceira fase- acudiron numerosos empresarios, alcaldes, representantes políticos, e unha delegación do Pontevedra Club de Fútbol, coa súa presidenta Lupe Murillo á fronte. Perdiz tamén destacou e agradeceu a presenza de representantes das comunidades musulmás, evanxelista e de testemuñas de Jehová.