A posta a punto para a volta ao cole en Pontevedra custa case 142.000 euros

▶  A Concellería de Educación está a executar obras en 17 centros educativos do municipio durante as vacacións escolares de verán
 
Los alumnos atienden al maestro durante una clase. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Os alumnos atenden ao mestre durante unha clase. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Faltan menos de tres semanas para que o alumnado de Educación Infantil e Primaria volva ás aulas e as administracións apuran os prazos para que as infraestruturas estean a punto o próximo 11 de setembro. Aproveitando as vacacións escolares de verán, a Concellería de Educación está a acometer obras na maioría de escolas e colexios do municipio, concretamente en 17, que suman un investimento de 141.477 euros.

A máis ambiciosa, orzada en 22.648 euros, corresponde á EEI Fina Casalderrey, onde se reparou unha cuberta e cubriuse un patio de xogos. Séguelle o CEIP Praza de Barcelos, con 21.979 euros. Neste caso píntanse 19 aulas, zonas comúns e portas; amplíase a zona de secretaría, elimínanse as xardineiras da entrada, alicátanse os baños dos profesores e substitúense os módulos de ventilización nas fiestras dos baños.

No CEIP Parada-Campañó invístense 18.621 euros para arranxar o muro exterior que fora desprazado pola raíz dunha árbore e pechouse a pista cuberta. No CEIP Froebel (18.089 euros) repárase o patio de céspede de Infantil e acométense outros traballos de pintado, cambio de teitos, luminarias e dúas portas.

A Concellería de Educación está a executar obras en 17 centros educativos do municipio  

No CEIP Vidal Portela (13.086 euros) ampliouse o comedor e acondicionouse o patio exterior con jabre, mentres que n CEIP Marcos da Portela repáranse os canlóns da cuberta e os pavimentos dos xogos infantís. Tamén se cambian dous radiadores e revísase parte da rede de saneamento do centro. O custo ascende a 8.431 euros.

No CEIP San Martiño-Salcedo (7.290 euros) levan a cabo arranxos en conserxería e pintado de tres aulas, de xogos no pavimento exterior e de varandas. No CEIP A Xunqueira I reparouse a beirarrúa exterior e pintouse parte do interior (6.592 euros) e na Xunqueira II reparáronse os canlóns e baixantes da cuberta (6.576 euros).

Na EEI de Verducido pintouse no interior (5.584 euros); no CEIP Vilaverde-Mourente pintáronse espazos na planta baixa e colocouse carpintería de aluminio na vivenda do conserxe (4.416 euros), e no CEIP de Ponte Sampaio pintáronse xogos na pista deportiva (3.388 euros).

Na EEI Crespo Rivas arranxáronse armarios (1.633 euros), no CEIP Campolongo arránxase a ventilación dos aseos e corríxense filtracións no ximnasio (1.482 euros) e no CEIP Carballeira realízanse tarefas de limpeza no patio de xogos (695 euros). Finalmente no CEIP Cabanas colócanse peches de seguridade nas fiestras (635 euros) e no CEIP Álvarez Limeses arránxanse humidades nunha aula de Infantil (332 euros).

A EEI Fina Casalderrey e os colexios de Barcelos, Campañó, Froebel e Vidal Portela reciben as  partidas máis elevadas 

ORIXINAL. "Aínda que os traballos de mantemento se fan ao longo de todo ano, aproveitamos a época de parón estival para facer algunha obra pendente e poñer a punto os centros escolares de cara ao inicio do curso académico", explicou o concelleiro de Educación, Tino Fernández. "Hai algunhas actuacións, como as do colexios de Barcelos, Froebel, Campañó e Vidal Portela ou as dá EEI Fina Casalderrey, que supuxeron unha importante achega económica por parte da Concellería, pois incluíron reparacións e actuacións en patios, comedores e cubertas". O edil tamén destacou "algunha intervención bastante orixinal, como a zona de xogos da pista deportiva do CEIP Ponte Sampaio".

Comentarios