O PP de Pontevedra proporá a creación da Casa da Cultura Municipal Alexandre Bóveda

Rafa Domínguez considera que é "o momento de facer unha acción en positivo que beneficie a todos os veciños da cidade"

Rafa Domínguez. RAFA FARIÑA
photo_camera Rafa Domínguez. RAFA FARIÑA

O PP de Pontevedra, con Rafa Domínguez á fronte, anunciou que levará ao pleno municipal do próximo 28 de setembro, a través dunha moción, a súa proposta para a creación da Casa da Cultura Municipal Alexandre Bóveda. 

Segundo explica nun comunicado, concíbese como "un espazo no que acoller a todos os sectores involucrados neste ámbito" e a formación dun clúster cultural como "elemento catalizador" da creación de riqueza. 

Tras coñecerse a decisión do Ministerio de Facenda de retirar "do mercado" o inmoble situado nas inmediacións da Praza da Peregrina para "darlle un uso público", o presidente local considera que é "o momento de facer unha proposta en positivo que beneficie a todos os veciños da cidade". 

"Pontevedra conta cun enorme potencial cultural que non se está aproveitando adecuadamente", esgrimiu Domínguez. "Queremos que a cultura aumente o seu peso como un dos motores económicos da cidade", apostilou. 
 

Comentarios