O Partido Popular de Pontevedra demandou un maior aproveitamento do Camiño de Santiago, como "unha oportunidade turística e económica" para unha cidade que é a "capital" da ruta portuguesa.
No transcurso dun acto enmarcado na segunda medida da campaña Pontevedra en Positivo, o presidente local dos populares, Rafa Domínguez, reivindicou así a presenza da cidade no Camiño Portugués pero tamén a súa "capitalidade": como capital da provincia, e capital turística das Rías Baixas.
Acompañado polo presidente provincial, Alfonso Rueda, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o presidente da Asociación de Amigos do Camiño Portugués, Tino Lores e membros da súa Executiva e afiliados, Domínguez percorreu o tramo do Camiño Portugués que atravesa a localidade.
Un acto no que lamentou que a ruta xacobea sexa unha "oportunidade turística e económica" que en Pontevedra "non está a aproveitar como se debería", a pesar dos elevados índices de desemprego da cidade.
Rafa Domínguez, que será o candidato do PP ás eleccións municipais, considera primordial "tomar as medidas necesarias para aumentar o número de pernoctaciones de peregrinos na cidade", para que tamén "consuman e gasten". "Necesitamos coidar máis aos peregrinos", agregou.
Os populares iniciaron o percorrido na parroquia de Ponche Sampaio e atravesaron A Canicouva e Tomeza ata chegar ao Santuario da Virxe da Peregrina.