O PP pontevedrés pide que se rexeiten as alternativas de Fomento para o segundo tramo da A-57

O PP trasladará as denuncias dos veciños de Xeve e Bora afectados polo trazado previsto

Rafael Domínguez. CHRISTIAN FERNÁNDEZ
photo_camera Rafael Domínguez. CHRISTIAN FERNÁNDEZ

O grupo popular no Concello de Pontevedra pedirá no pleno municipal deste luns que se rexeiten as alternativas do Ministerio de Fomento para o segundo tramo da autovía A-57, que conecta A Ermida e Pilarteiros, e solicitarán que estableza unha nova proposta. 

A través dunha moción, o PP trasladará as denuncias dos veciños de Xeve e Bora afectados polo trazado previsto e solicitarase que se busque un novo trazado que sexa menos lesivo e que inclúa ademais as suxestións que os veciños destas dúas parroquias trasladaron aos técnicos de Fomento hai xa varios meses". 

Así o reclamou o portavoz, Rafa Domínguez, que sostén que "é posible un trazado menos lesivo" e que esixe que se pida a elaboración dunha nova proposta a Fomento. 

"Lamentamos que non sexa o BNG de Lores o que lidere as reivindicacións veciñais. É triste que os veciños teñan que abordar ao Alcalde nun corredor para que os escoite", concluíu. 

Comentarios